Burela, 24 de abril de 2015. Representantes do BNG de Burela e da Mariña veñen de reunirse este venres co comité de empresa da antiga ECESA, para trataren o futuro da entidade e a situación que atravesan os traballadores.
Os membros de comité trasladaron ós nacionalistas a posible solución que se vislumbra para o que popularmente se coñece na vila como o “Lavadero”. Unha nova firma mineira, Miduesa, das mais potentes do estado, está interesada na planta burelá, comprometéndose a contratar de novo uns 25 traballadores do actual plantel de 30 xa de entrada e aumentando o seu cadro de persoal pasado o tempo ata chegar ós 50 que xeralmente o compoñían a pleno rendemento. A nova propietaria presentou un proxecto productivo de futuro cunha nova instalación na propia mina de San Román, o arranxo da mesma. Incluso os contratarían co convenio estatal de instustrias extractivas, favorable para os obreiros con respecto ó que tiñan ata o de agora.
A gran problemática que se presenta ante esta situación é o farragoso proceso xurídico no que se atopa a empresa, cunha actual dirección que recurre tódalas sentencias derivadas do proceso concursal, o que está a ralentizar tódolos trámites para que o grupo mineiro se faga propietario de toda a instalación. Semella que sería unha lástima que por atrancos a nivel xudicial se votase a perder esta oportunidade para que os obreiros voltaran ós seus postos de traballo, a gran preocupación tanto destes últimos como do BNG.
O BNG aportará solucións para dar continuidade á producción frente á especulación.
Os nacionalistas comprometéronse cos traballadores de “Área Minera del Atlántico”, novo nome co que se coñecía a firma burelá, a trasladar a situación ó parlamento de Galiza, instando á Consellería de Industria a que tente mediar no conflicto xurídico aberto, para que iso axilice os trámites necesarios e os traballadores volten ó traballo e así asegurar a continuidade desta industria.
“Non era lóxico que unha fábrica na que durante décadas traballaron diferentes xeracións de burelaos e burelás pechase as súas portas cando seguía a ser rendible, posto que dispón da mellor materia prima do mundo e man de obra cualificada” salientou Mario Pillado. Ademáis o portavoz nacionalista opina que “para nós é fundamental que os traballadores teñan capacidade de decisión sobre o seu futuro, debemos xestionar nós o que é noso, por iso nos ofrecemos a ser a súa voz onde se vaian a resolver os problemas que teñen para voltar ó traballo”. Sería, para os nacionlistas, un éxite que se asegurase a continuidade de ECESA, posto que isto significaría a aposta polos sectores productivos fronte á especulación, que semella que pode estar detráis deste conflicto.
Por último os membros do BNG alí presentes prometeron dar cumprida información das xestións que leven a cabo e de como avancen as mesmas e citaronse cos traballadores para novos encontros.



















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



