RIBADEO .- A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta, o venres en Ribadeo, o obradoiro de fotografía dixital “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”. A actividade desenvolverase nos concellos de Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto a partir de outubro, e o prazo de inscrición está aberto até o día 30. “Olladas de mulleres, visións desde A Mariña”, según indica a organización ” ten como obxectivo acadar o empoderamento das mulleres a través da fotografía”. Esta actividade xa se realizara de forma experimental no Concello de Ribadeo en 2007.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto

O Observatorio da Mariña pola Igualdade leva “Olladas de mulleres” a Burela, Barreiros, Mondoñedo e Riotorto
Relacionado
-
O Concello de Viveiro levará ao pleno do martes a expropiación das parcelas da Xunqueira, necesaria para evitar inundacións no río Fontecova
-
Alfoz celebra este domingo o II Día da Veciñanza
-
Este luns haberá interrupcións de tráfico en Cordido, na LU-P-6303, e no núcleo urbano de Foz na rúa de Cervantes e na Avenida de Viveiro, por obras de mellora de firme