Foz, 17 de maio de 2015.- O sábado 16 do presente mes e ano se celebro nas instalacións da Universidade da Coruña o Campionato Galego de tiro con arco en aire libre para as categorías cadete, cría, benxamín e esquío. A nosa canteira desprazada ao evento logrou dous campións galegos. Na categoría Cría na súa primeira participación en aire libre nesta categoría competían: Beatriz Melo Botelho que obtiña a cuarta praza cunha puntuación de 324 sobre unha máxima de 720. O cambio de categoría fíxose notar en Bea, xa que se enfrontou ás dúas distancias de aire libre (30 e 18 metros). Por outra parte o seu compañeiro Anxo Galante Briones acusaba menos o cambio logrando ser o primeiro en ser proclamado Campión Galego ao lograr unha puntuación de 619. Venticuatro puntos máis que o actual campión galego en sala, David Vallejo Martínez del Club Arqueros de Cambre; ocasión na que Anxo se tenia que conformar coa segunda praza tan só por un punto de diferenza.
Na categoría cadete Francisco Melo Botelho clasificábase quinto cunha puntuación de 486, dous menos que a obtida no último encontro da liga nacional de cadetes. Caía nas series eliminatorias tras lograr unha pequena vantaxe contra Pedro Pina Menendez del Club Arco Ferrol, o encontro finalizaría 3 a 7 puntos de set en contra do noso arqueiro. Gabriel Galante Briones foi o segundo en ser proclamado Campión Galego tras encabezar as series clasificatorias con 604 puntos, e vencer no terceiro encontro das series eliminatorias a Taylor Murias Azebedo do Club Arcobarco (Barco de Valdeorras- Ourense) por 6 a 4 puntos de set.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
