Outros 86 beneficiarios do Ben Empregado!, xunto cos representantes de empresas e entidades nas que traballarán, tomaron parte nunha nova xuntanza informativa que tivo lugar este luns no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e na que os técnicos provinciais lles detallaron cales son os seguintes pasos no desenvolvemento deste plan de emprego.
Con estes xa son 156 os desempregados lucenses que se teñen beneficiado do 4º macroproxecto de fomento do emprego que a Deputación puxo en marcha nos últimos catro anos. A proposta de selección dos preto de 100 restantes aprobarase, previsiblemente, na vindeira Xunta de Goberno, de xeito que antes de finais de mes case 300 lucenses estarán incorporados ao mercado de traballo co Ben Empregado!.
Estes asinarán nos vindeiros días os contratos cos que comezarán a traballar por período dun ano con contratos de calidade, posto que as entidades da provincia seleccionadas teñen a obriga de incluír neles cláusulas sociais; estables e con vocación de continuidade, xa que para a selección final outorgouse máis puntuación canto maior era o compromiso de ditas empresas e colectivos para prolongar os contratos.
En canto ás 86 empresas e entidades que contarán nos próximos días con estes novos traballadores, que se axustan ás súas necesidades reais, atópanse explotacións agrogandeiras; estudos de enxeñería; inmobiliarias; asesoramento legal; axencias de viaxes e empresas adicadas ao turismo; conserveiras; empresas do sector metalúrxico; negocios de venda de materiais de construción, etc.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



