Share 0
Share 0
Neste evento, Gómez salientou a importancia deste tipo de feiras para promocionar os produtos agroalimentarios de Galicia, así como para impulsar as producións locais de proximidade. Ademais, a conselleira puxo en valor a ampla tradición deste Mercado Medieval, que está considerado como un dos máis antigos da provincia e que presenta unha ampla oferta de postos artesáns. Estes espazos amosan os oficios tradicionais da Idade Media, proporcionan a posibilidade de degustar diferentes produtos alimentarios, entre outras actividades.
Permanece estabilizado desde as 12.45 horas deste sábado o incendio forestal do concello da Fonsagrada, parroquia de Monteseiro, que se iniciou ás 15.30 horas do martes e que, segundo as últimas estimacións, afecta arredor de 120 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, ata o momento, 6 técnicos, 50 axentes, 73 brigadas, 71 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 8 avións.
Apenas uns minutos despois das 10 deste venres o 112 Galicia deu curso a unha chamada de alerta por accidente en Lourenzá. Tratábase dun camión que se saíu da vía e foi parar a un pequeno regato apenas sen auga. Sen embargo, o único condutor do vehículo quedou atrapado no interior e necesitou a axuda dos Bombeiros de Barreiros. Cando puido ser liberado, recibiu asistencia médica por parte dunha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazada no lugar dos feitos. Foi a chamada ao 112 dunha persoa particular o que permitiu activar o operativo. Os axentes de Garda Civil de Tráfico, os membros do GES da Pontenova e os voluntarios de Protección Civil da localidade sumáronse a bombeiros e sanitarios para unha áxil atención do ferido e para comprobar o bo estado do regato, libre de verteduras.
A medida tómase para evitar que as caravanas podan sufrir problemas de manobrabilidade en lugares como a boca da estación de autobuses. Os camións cos materiais necesitan ese espazo para acceder ao recinto feiral. Unha vez que se instalen as atraccións, o aparcamento será aberto ao público de novo. O Concello de Viveiro agradece a colaboración dos veciños e visitantes.
Disputárono R.C. Deportivo e Real Oviedo con vitoria galega por 2-1. Contou tamén coa asistencia do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.
Esta semana as crianzas sorprenderon cunhas fermosas manualidades mariñas. Traballaron con moita ilusión para crear estes snorkels tan orixinais, cheos de cor e detalles. A actividade non só fomentou a súa creatividade, senón tamén o traballo en equipo e a diversión nun ambiente seguro e educativo.
A Pomba do Arco organiza o xoves 14 de agosto ás 20:30 hora no Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñas, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano. Martín Fernández Vizoso achegará na súa intervención 13 investigación sobre emigrantes focegos en Arxentina Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega. Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital