CERVO .- O alcalde de Cervo procede a facer a primeira remodelación do equipo de goberno, despois da incorporación dun novo edi, Rubén Fernández Rouco, tras o cese de Antonio Basanta que foi nomeado Xefe de Relacións Parlamentarias da Consellería do Mar. As principais novidades son: Balseiro Orol asumirá tamén as competencias en Seguridade Cidadá, Pilar Armada dirixirá as novas áreas de Igualdade, Mantemento Xeral e Coordinación das Intalacións Municipais, Chelo Gallego asume Finanzas e pasa a ser a terceira Tenente de Alcalde, Yolanda Pedreira será tamén a concelleira de Educación e o novo edil Rubén Fernández xestionará as concellarías de Deportes e Turismo.
NOTA DE PRENSA:
O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares deu a coñecer a primeira remodelación do seu Equipo de Goberno municipal que terá efectos tras a sesión plenaria prevista para este xoves 24 de setembro. As 20.00 horas tomará posesión do seu cargo como novo concelleiro Rubén Fernández Rouco, número sete da lista dos populares. Nacido en Viladesuso e administrativo de profesión este cervense de 39 anos foi unha nova incorporación da candidatura gañadora das eleccións locais. Deste xeito a Corporación Municipal de Cervo na que os edís populares encabezados por Alfonso Villares dispoñen da maioría absoluta, contará cun novo concelleiro en substitución de Antonio Basanta, tras o seu nomeamento como Xefe de Relacións Parlamentarias da Consellería do Mar.
Unha vez superado o ecuador da actual lexislatura, o rexedor cervense procede a reorganizar as distintas áreas do seu Executivo e tamén a modificar a distribución das dedicacións exclusivas e parciais dos edís de Goberno. Así por exemplo, tal e como se anunciou no debate do orzamentos, procederase a suprimir unha dedicación exclusiva –polo que tan só continuará con este réxime o Alcalde- mentres que Rubén Fernández Rouco asumirá unha adicación parcial. Esta decisión implica un aforro estimado para as arcas municipais de 20.218 euros –un 20,7% menos nos custes por retribucións aos cargos públicos- A isto hai que engadir que, por segundo ano consecutivo, conxelaronse as percepcións dos membros do Goberno o que supón unha boa nova nestes tempos de crise económica que aconsellan un maior control do gasto nas administración públicas.
NOVO ORGANIGRAMA
Alfonso Villares quere dar un maior impulso e fortaleza ao Concello de Cervo nos próximos dous anos, despois doutros dous de mandato e de lidiar cun claro esquecemento por parte da administración autonómica bipartita, provincial e do Goberno central. Para iso, elaborou un organigrama executivo no que todos os concelleiros asumen algunha nova responsabilidade.
Así por exemplo Jose Manuel Balseiro engadirá ás competencias que xa dispoñía na concellaría de Obras e Urbanismo as relativas a Seguridade Cidadá. Pilar Armada continúa coas funcións sobre Asuntos Sociais e suma as de Protección Civil, Medio Ambiente, ademais das novas áreas de Igualdade, Mantemento Xeral e Coordinación das Instalacións Municipais. Chelo Gallego, formará parte da Xunta de Goberno Local na súa nova condición de terceira Tenente de Alcalde e xestionará ademais das áreas de Cultura e Xuventude á concellaría de Facenda. Yolanda Pedreira será a nova concelleira de Educación, ademais de manter as responsabilidades como edil delegada de Sanidade, Emprego, Patrimonio Cultural e Paisaxístico. O novo concelleiro, Rubén Fernández Rouco, xestionará as áreas de Deportes e Turismo.
O Alcalde de Cervo, que coordinará todas as áreas, explica que a nova estrutura servirá para darlle unha mellor axilidade ao Concello e ao proceso de toma de decisións, así como para acometer futuros proxectos de investimento. Responde tamén ás esixencias en materia de austeridade e de adelgazamento da estrutura administrativa.
CONSELLOS ESCOLARES
Tamén está previsto que na vindeira sesión plenaria da Corporación cervense, prevista para o xoves 24, se proceda a designación dos novos representantes municipais nos Consellos Escolares dos centros educativos da localidade, tras o inicio do novo curso escolar. Yolanda Pedreira será a representante do Concello no colexio público da capital municipal (CEIP de Cervo), Pilar Armada será quen asuma estas funcións no centro recentemente agrupado de San Ciprián (CEIP Nº1) e Chelo Gallego será a representante do Concello no instituto local (IES Marqués de Sargadelos.)




















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



