Burela, 2 de xuño de 2015. O vindeiro 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Gaia e Concello programaron para os vindeiros días a limpeza de varias zonas costeiras e praias de Burela “para concienciar á poboación do papel crucial que desempeña o mar nas nosas vidas”.
Desde Galicia lembran que “o día mundial dos océanos foi proposto por primeira vez no ano 1992 no cumio da terra celebrado Río de Xaneiro. O obxectivo é crear conciencia sobre o papel crucial que os océanos desempeñan nas nosas vidas e as distintas maneiras con que as persoas poden axudar a protexelos.Os océanos axudan a regular o clima e o tempo e proporcionan osíxeno e alimentos, así como outros efectos beneficiosos para o medio ambiente e para a sociedade e a economía en xeral”.
As monitoras do Centro de Educación Ambiental Gaia sinalan: “calcúlase que cada ano 6,4 millóns de toneladas de residuos rematan no mar e posteriormente nas praias. Entre o 60% e o 80% son plásticos (bolsas, envases e latas). Estes residuos poden ser consumidos por seres vivos na base da cadea alimentaria. Os plásticos son confundidos como alimento dos paxaros, peixes, tartarugas e mamíferos mariños (baleas ou os delfíns). O PNUMA estima que esta contaminación mata cada ano a máis de un millón de aves e a uns cen mil mamíferos mariños”.
As monitoras do Centro de Educación Gaia do Concello de Burela, empezaron a celebrar esta efeméride, o Día Mundial dos Océanos, no ano 2010 e durante todos estes anos esta iniciativa levouse a cabo de forma continuada. A actividade consiste na limpeza e recollida dos diferentes residuos que aparecen tirados nas praias tales como envases de plástico (latas, botellas, bolsas), pneumáticos, redes, cordas…
Ao longo de todo o mes de xuño, coincidindo coa marea baixa, levaranse a cabo distintas limpezas de zonas costeiras (no porto, no Perdouro) e praias nas de O Portelo e do Cabaliño.
Nesta iniciativa participan alumnado do IES Perdouro, que levará a cabo a limpeza o día 18 de xuño da zona do Perdouro, e varias asociacións da localidade: a Fundación Eu Son fará esta labor o 29 de xuño, a Asociación Camiña participará nunha limpeza o día 11 de xuño, a Asociación A Mariña fará limpeza o 16 de xuño e a ANPA Ceip Virxe do Carme acudirá a facer tarefas de limpeza o 12 de xuño.
Cada participante recibirá material relacionado coa reciclaxe de Sogama e merchandising de Gadisa.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



