Os próximos 10 e 11 de xullo terá lugar a segunda edición do festival VRAO. Logo do éxito acadado o ano pasado, neste 2015 continúa a mesma filosofía pero dando paso a algunha que outra novidade co fin de consolidar o evento como unha das propostas máis atractivas e coidadas de Galicia.
VRAO é un festival galego de música independente realizado sen ánimo de lucro por Ó! Cultural que se desenvolverá en diferentes localizacións de Foz, na Mariña Lucense, cun recinto que non entende de límites e que emprega a totalidade da vila, as súas potencialidades e os seus costumes como marco referencial.
Cun modelo de xestión cofinaciado polos membros fundadores da asociación, así como por establecementos hostaleiros locais, a A.C.I.A., o Concello de Foz e a Deputación de Lugo, a vila tinguirase cos sons de interesantes bandas da escena galega durante dous días que serán máxicos.
Un dos puntos máis atractivos do festival é que será de balde, cuestión que supón un importante esforzo organizativo. Neste sentido, VRAO é unha combinación de sons, identidade, sabores e paisaxes pensada e feita por e para as persoas. É unha recuperación da música na rúa como elemento de igualación social e de desfrute. É unha aposta polo pequeno formato como signo distintivo de calidade, rigor e encanto. É unha representativa achega do que está a acontecer musicalmente en Galicia nos últimos tempos, que é moito.
En VRAO cobra significado a etiqueta “de autor”, pois é un festival que deixa ver con claridade as intencións dos seus creadores e, ao mesmo tempo, inclúe proxectos de estilos moi variados e de espírito totalmente independente.
VRAO son 4 escenarios polos que pasarán 11 bandas galegas que representan o máis interesante da nosa escena musical actual.
Venres 10 de xullo:
CAZADOR (Escenario AMaseira-Namarinos)
MOUNQUP (Escenario AMaseira-Namarinos)
PORROFOLAR (Escenario AMaseira-Namarinos)
MÚSCULO! (Escenario AMaseira-Namarinos)
PÁLIDA (Escenario AMaseira-Namarinos)
Sábado 11 de xullo:
BESTBOY (Escenario Pachán Club)
THE L’ADELINES GARDEN (Escenario Rente ao Mar)
THE LIMBOOS (Escenario Rente ao Mar)
BALA (Escenario Trás)
CUCHILLO DE FUEGO (Escenario Trás)
THEE BLIND CROWS (Escenario Trás)
*Os horarios están suxeitos a posibles cambios pero, con carácter xeral, o venres ocuparán a franxa entre as 22.00 horas e as 04.00 horas, mentres que o sábado se celebrarán entre as 20.30 horas e as 04.30 horas.
**O “Escenario A Maseira-Namarinos” está patrocinado polo bar A Maseira e o Pub Namarinos. O “Escenario Pachán Club” polo bar A Rambla. O “Escenario Rente ao Mar Ese Camiño” polos bares AFuncional e O Lar. E o “Escenario Trás!” polo Bar 78 e o bar O Fogar do Pelolo.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



