San Cibrao, 3 de xuño de 2015.- O CSI-F en ALCOA pide renegociar o Contrato de Relevo para que se realice o 15% de forma continuada. J. M. Piñar formulou no Comité de Empresa que os prexubilados por Contrato de Relevo realicen o 15% da xornada de forma continuada acumulando o tempo correspondente que lles marca a lei, en lugar de acudir ano tras ano a realizar a devandita porcentaxe. Este punto conseguírono xa os traballadores da fábrica de ALCOA-Bilbao na súa negociación de convenio e está baseado nunha sentenza do Tribunal Supremo do 19 de xaneiro do 2015 onde se detalla que “se pode concentrar a xornada nunha soa vez xa que mellora o benestar do Relevado” (Prexubilado).Este preito iniciouno un traballador dunha empresa de Barcelona no 2013.
O representante do CSI-F que puxo este punto na Orde do Dia da reunion do Comité, pide que se convoque aos compoñentes da mesa negociadora que negociaron o actual convenio, para modificar o articulo referente ao Contrato de Relevo, onde se especifica que temos que acudir á fábrica todos os anos a realizar o 15% correspondente, xa que no 2013 que se asinou o convenio, non estaba claro que fose posible realizar esta modalidade.
O CSI-ALCOA pide aos traballadores que preman á empresa atrasando a súa prexubilacion en tanto non se negocie este punto xa que poden quedar excluídos dos acordos se xa iniciaron o Contrato de Relevo.