Lugo, 5 de xuño de 2015. A área de Cultura da Deputación de Lugo destinará 340.000 euros a distintos proxectos que teñen que ver co audiovisual, a recuperación do patrimonio arquitectónico e normalización lingüística na procincia de Lugo. O responsable da área de Cultura e Turismo da institución provincial, o nacionalista Mario Outeiro, explicou esta mañá na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da Deputación, en que consisten estes convenios, asinados nas últimas semanas.
“A área de Cultura da Deputación, no seu interese por fomentar o audiovisual galego e por conseguir que a provincia de Lugo e os seus enclaves naturais e paisaxísticos sexan protagonistas nos filmes galegos, colaborará economicamente con distintos proxectos audiovisuais que teñen relación coa provincia de Lugo, como Dhogs, da produtora de Meira GaitaFilmes, Pelerinaxes, de Noveolas, Galaicus, de Zircocine, e A Esmorga, de Vía Láctea Filmes”, explicou Mario Outeiro.
Dhogs é unha longametraxe de ficción que medra dende o rural galego. O filme conecta 6 tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Unha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar. As novas productoras galegas Gaitafilmes e Pixel films xuntan as suas forzas para sacar adiante este proxecto cinematográfico. Celso Bugallo, Iván Marcos, Carlos Blanco, Suso López, María costas, Enrique Lojo, Milo Taboada e Alex Carro, son algúns dos nomes que forman o reparto.
Pelerinaxes é un proxecto documental inspirado no libro Pelerinaxes I de Otero Pedrayo que trata sobre o camiño a pé de Ourense a San Andrés de Teixido que o escritor galego fixo en 1929 en compaña de Risco e Fernández-Oxea. Dirixido por Simone Saibene, o filme recolle a crónica desta viaxe e recrea os lugares polos que pasaron os seus protagonistas en 1929. O camiño pasa por moitos concellos da provincia de Lugo, e pola capital, onde se rodarán varias escenas importantes do proxecto. Ademais a protagonista será a actriz lucense Carmen Méndez.
Galaicus é unha superproducción que corre a cargo de Zircocine (productora de Farruco Castromán e Luís Tosar, que tamén protagonizará a película) e que conta cun orzamento de uns 4 millóns de euros y que se estreará entre 2015 e 2016. Situado no século II a.C., o filme mistura feitos históricos con elementos de aventura e acción para contarnos como era a Gallaecia no momento da chegada dos romanos, como era la relación destes cos celtas e como se produciu o choque entre ambas culturas. Tosar interpretará a Décimo Junio Bruto, cónsul romano e a historia estará enmarcada na campaña de conquista romana de Galiza e a loita dos celtas por defender o seu territorio no século II. La película completarase coa edición dun cómic e a realización dun documental didáctico
A Esmorga é o filme de Ignacio Vilar baseado na novela do mesmo nome de Eduardo Blanco Amor e que bateu todos records de éxito de público na súa estrea nos cinemas. Foi o segundo filme con maior recadación media en toda España a fin de semana da súa estrea e supera xa os 40.000 espectadores con quince semanas nas carteleiras. Está producida por Vía Láctea Filmes e protagonizada por Miguel de Lira, Antonio Durán Morris e Karra Elejalde e obtivo unha nominación nos últimos Premios Goya, na categoría de mellor guión adaptado, para Ignacio Vilar e Carlos Asorey, converténdose na primeira longametraxe rodada en galego que consegue unha nominación a este prestixioso galardón.
Axudas para a promoción e normalización da lingua galega
Mario Outeiro tamén deu a coñecer unha serie de convenios asinados con distintas entidades que traballan no eido da promoción e normalización da lingua galega, como a Real Academia Galega, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, a Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Galega da Lingua, a Asociación Socio-Pedagóxiga Galega ou o Correlingua, por un importe total de 146.000 euros.
A esta cantidade habería tamén que engadir, explicou o responsable de Cultura da Deputación, outros 100.000 euros destinados a sufragar os gastos de contratación de técnicos de normalización lingüística en Concellos da provincia de Lugo. “O noso compromiso coa lingua galega é claro fronte ao desprezo da Xunta de Galiza”, dixo Mario Outeiro.
Recuperación da ponte medieval de Carracedo e da igrexa de Cereixedo
A área de Cultura e Turismo da Deputación tamén colaborará en proxectos de rehabilitación de patrimonio histórico e arquitectónico en distintos concellos da provincia, aportando un total de 127.000 euros. En concreto, aportará 55.000 euros para a segunda fase da rehabilitación do entorno do Pazo do Corgo, 2.000 euros para a posta en valor da ponte medieval de Carracedo, no concello de Láncara, e 70.000 euros para a substitución do lousado da igrexa de Cereixedo, no concello de Cervantes.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



