O Vicedo, 11 de xuño de 2015.- O pasado 8 de xuño celebrouse o Día dos Océanos con multitude de actividades por todo o mundo que viñan a intentar concienciar ós seus habitantes da importancia da conservación dos mesmos, ou millor dito, da recuperación do seu estado primixenio na meirande parte posibel.
A Asociación Nordés non quixo ser menos pero trocando a data para que mellor cadrara ás personiñas convidadas a participares, que non son outras que os nenos e nenas dos Colexios Públicos dos Concellos de Mañón e O Vicedo quenes, por primeira vez que se seipa, e grazas á colaboración do profesorado e dos pais e nais dos escolares, van pasar un día xuntos facendo actividades, xogos, aprendendo e disfrutando da natureza e tamén do teatro, pois tamén se inclúe no programa que desenvolvemos a continuación.
Así, pola mañá os alumnos e alumnas dos colexios devanditos desprazaranse xunto cos seus profesores á praia de Xilloi para facer unha recollida simbólica de lixo na praia, o arrincado de especies invasoras nas dunas, xogos sobre reciclaxe, charlas, etc… Os membros de Nordés Antonio Pernas (Técnico superior en xestión e organización de recursos naturais) e Pedro Yáñez (licenciado en ciencias ambientais) xunto con máis colaboradores serán os encargados de impartir estas actividades.
Xa pola tarde, ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo, o grupo de teatro profesional Os Quinquilláns representará unha obra teatral seguindo a temática de respecto ao medio ambiente e, concretamente, do mundo mariño. A entrada é gratuíta e o espectáculo apto e recomendabel para menores e adultos.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



