16 de xuño de 2015.- Usuarios dos distintos dispositivos de atención da Asociación de Axuda ou Enfermo Mental “A Mariña”, participaron este martes pola mañá nunha actividade ambiental, poñendo o seu granito de area na axuda co coidado do medioambiente, limpando a praia do Portelo de Burela, acompañados por monitores dos Centros e persoal do Grupo Ambiental, Gaia.
Así mesmo, aproveitamos para que a xornada de hoxe fose enteiramente terapéutica, xa que debido ao ámbito e ao bo día do que gozamos, nos inspirou nun proxecto de “Arteterapia”.
A Arteterapia é unha disciplina que utiliza a arte e os medios visuais como a principal vía de comunicación. A expresión creativa artística é o vehículo que permite desenvolver a capacidade de reflexión, comunicación, expresión e desenvolvemento persoal. Aplícase dentro dos ámbitos relacionados coa saúde física e mental, o benestar emocional e social en diversos sectores da poboación. Pero sobre todo en sectores como o noso, onde o noso obxectivo fundamental é a mellora terapéutica, danse os mellores resultados.
Mostra diso, foi o gran traballo en equipo dos 33 participantes para a realización da obra efémera realizada con area da praia, cuxo resultado mellora a autoestima de todos os integrantes deste proxecto.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



