Lugo, 18 de xuño de 2015.- A Deputada en funcións de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, denunciou este xoves que “os recortes e as nulas políticas sociais da Xunta provocaron que as familias galegas se atopen nunha situación insostible. O único que fixo o Goberno de Feijóo foi recortar, ano tras ano, as partidas para Sanidade, Educación e servizos sociais. Isto obrigou ás familias galegas a reducir os seus gastos en necesidades básicas como comida, roupa e transporte nun 20%, tal como apunta o INE”.
“Esta mesma fonte desvela que os salarios en Galicia seguen a situarse entre os máis baixos de España, cando os galegos traballan máis horas que a media do Estado. Fixénse, segundo o INE, no primeiro trimestre do ano, a media de horas de traballo dos galegos aumentou nun 1,6% mentres que a dos seus soldos só o fixo nun escaso 0,6%. No conxunto do Estado, o incremento medio salarial foi de 1,44% e o de horas traballadas nun 0,7%. É dicir, a fenda salarial entre Galicia e o resto de España segue a aumentar. Os galegos traballan máis horas e cobran menos”, apuntou a Deputada en funcións.
“Vai sendo hora de que a Xunta poña fin ao tixereitazo social e faga verdadeiras políticas soicias. Os parches que anuncia agora, só co único fin de tentar arranxar o desastre electoral e non así os problemas dos cidadáns, como o fondo solidario de libros de texto ou o a exención do copago sanitario a 100.000 persoas, son totalmente insuficientes. Hai milleiros de galegos que deixaron de retirar as súas menciñas por non poder pagalar; milleiros de persoas que se ven na obriga de elixir entre comprar medicamentos ou produtos básicos para o día a día”.
Neste senso, cómpre lembrar que, entre outras medidas, a Xunta obrigou aos pensionistas a pagar polos seus medicamentos e incrementou o copago farmaceutico a persoas con traballo e a desempregados con prestación. Ademais, suprimiu o préstamo universal de manuales escolares.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



