Bruxelas, 22 de xuño de 2015.- Este martes 23 de xuño, a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, accederá á sala de lectura onde se atopan depositados algúns dos documentos confidenciais -ou como se denomina no suavizado argot institucional, “non oficiais”- do TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) no Parlamento Europeo (PE), a denominada reading room.
Como todas as eurodeputadas/os, Senra poderá acceder á sala durante un máximo de dúas horas, neste caso de 10.30 a 12.30hrs., e sempre acompañada por persoal do PE.
Previamente tivo que pedir cita e concretar os documentos exactos a revisar. De entre os 70 dispoñíbeis, Alternativa Galega de Esquerda en Europa terá acceso a 18 documentos, maiormente referidos a algúns dos ámbitos de negociación que máis preocupación están a espertar na opinión pública, tales como aquelas cuestións relativas a agricultura, Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP’s), químicos, sanitarios e fitosanitarios ou as relacións de partenariado público-privadas, entre outras.
A entrada á sala de documentos “secretos” do TTIP está supeditada ao cumprimento dun “briefing de seguridade” de 15 páxinas de extensión no que o Parlamento Europeo especifica as normas a seguir para garantir a confidencialidade desta información.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



