Cervo, 22 de xuño de 2015.- O portavoz municipal do BNG-AA en Cervo, Ramón Luís Bernardo Insua, criticou o acto fixado para a tarde deste luns no que se usou o museo da Casa da Administración de Sargadelos para presentar un plan de protección das Catedrais que o concello de Ribadeo non comparte, nin tampouco o sector turístico como se comprobou no propio acto. Para o BNG é lamentábel que desde a Xunta se chegue a falar da importancia de desestacionalizar o turismo na comarca e de xeodestinos comarcais esquecendo xa que nin se nomeou o Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos declarado BIC desde 1972 e cun plan de protección que está agochado nun caixón do concello de Cervo desde fai mais de cinco anos sen darlle tramitación.
Para o BNG – AA de Cervo, a Xunta e os dirixentes do Partido Popular a nivel orgánico e institucional demostran medo por non ir presentar os proxectos que corresponden a outro concello onde corresponde, neste caso Ribadeo, e si vir facelo a Cervo e en concreto a Sargadelos, onde teñen paralizado desde fai mais de cinco anos o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico desde que a Consellaría de Cultura cun goberno do BNG llo entregou ao concello para a súa tramitación.
Para o portavoz municipal, Ramón Luís Bernardo Insua, “estamos ante un goberno sen escrúpulos que fuxe das súas responsabilidades en Cervo e fuxe para non dar a cara en Ribadeo”, o portavoz nacionalista acusou ao alcalde de “non defender os intereses do concello por permitir a parálise na tramitación do plan de protección de Sargadelos e de mirar cara outro lado mentres a Xunta e el mesmo esquece Sargadelos mentres anuncian no seu propio concello actuacións que aquí non se producen”.
Ao BNG parécelle significativo que desde a Xunta se actúe deste modo para escenificar a cincuenta quilómetros de distancia o que en teoría debera ser unha noticia positiva.


















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



