Foz, 12 de agosto de 2015. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, presentou a 3ª edición da Feira de Gando de Cangas, que terá lugar o vindeiro domingo 16 de agosto na área recreativa dos Castros dende as 10 horas. No recinto feiral instalarase unha carpa para degustar polbo á feira e churrasco e, durante a mañá, os asistentes poderán participar en paseos gratuítos en cabalos, así como unha animación musical a cargo dunha discoteca móbil. Haberá até 4 premios, por categorías, para andadura chapeda cruzados, andadura de trotóns, andadura serrada cruzados e carreira de burros.
Javier Castiñeira destacou que a Feira de Gando de Cangas “é unha alternativa máis para o próximo fin de semana, vinculada ao mundo rural e agrogandeiro. Haberá feira e exposición de maquinaria, ademais dos concursos de andadura que se fan pola tarde no campo de fútbol de Cangas. É unha alternativa moi interesante para todos aqueles aos que lles gustan os cabalos e o gando. É un clásico nesta parroquia e únese a cantidade de actividades máis da fin de semana, como é a festa popular de Marzán, o sábado, na que os veciños ademais de organizar unha festa gastronómica celebran unha verbena á que acude moita xente neste barrio tan popular de Foz”.
O alcalde tamén salientou outras ofertas culturais para a fin de semana na vila: “teremos ademais o festival Tentacle durante toda a fin de semana para o publico máis mozo. A oferta deportiva tamén é altísima, pois temos o torneo de baloncesto organizado polos Celtas toda a fin de semana e a Carreira Popular que será o sábado”, lembrou.
Para o público máis novo tamén seguen en marcha as Noites Alternativas e o Ciclo de Teatro no colexio nº1. “Seguimos até rematar o verán cun ritmo altísimo, dando á xente alternativas con diferentes maneiras de divertirse, ocio, deportes, cultura, nun municipio que está repleto. Estamos encantados de que a xente non teña tempo a aburrirse”, rematou Javier Castiñeira.




















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



