Ribadeo, 13 de agosto de 2015. Todo está listo para o IV Torneo de Verán de Pádel Club Ribadeo, que se celebrará do 16 ao 23 de agosto con numerosas actividades relacionadas co deporte: xogo de exhibición, formación e sorteo de palas e material deportivo entre os participantes no torneo, que terá lugar nas instalacións da PCR.
As actividades comezan o 16 de agosto co clinic dirixido por catro xogadores de World Padel Tour: Ramiro Moyano, Fede Quiles, Borja Yribarren e Godo Díaz. Esta formación, na que se inscribiron 45 persoas, levarase a cabo de 10 a 13 horas e continuará pola tarde. Xa despois ás 18 horas haberá un partido de exhibición dos 4 xogadores, que estará aberto a todos.
Do 17 ao 23 de agosto celebrarase o IV Torneo de Verán de Pádel Club Ribadeo, no que se inscribiron, ata o momento, 90 participantes. Coa inscrición os que asistan lévanse unha camiseta e poden gozar dunha grellada gratuíta o día 22. Ademais sortearanse pas e material deportivo entre os competidores.
Os premios para os campións serán económicos e haberá tamén cheques para consumir na tenda para roupa e accesorios Sete Pecados, de Ribadeo. En masculino 1ª: o primeiro premio levarase a 450 euros e 200 euros en vales para comprar; e o segundo, 200 euros e 100 euros en cheques; en masculino 2ª: o primeiro premio recibirá unha viseira e un cheque por 200 euros; e o segundo, unha pa e un cheque por valor de 100 euros; para masculino 3ª, o primeiro premio recibirá unha pa e 200 euros en vales de compra e o segundo será unha pa e 100 euros en cheques. As competidoras na categoría feminina disputaranse un primeiro premio dun cheque de 200 euros e unha pa e un segundo de 100 euros en cheques máis pa. Aqueles que compiten na categoría mixta gañarán un primeiro premio de pa e 200 euros en cheques para consumir en Sete Pecados e un segundo de pa e 100 euros en cheques. Para os veteranos, maiores de 40 ou a suma de 84 anos, hai estes premios: o primeiro levarase unha pa máis 200 euros en cheques para comprar; e o segundo pa máis de 100 euros en cheques.
No patrocinio deste evento deportivo participan: Grupo Ditram, Sete Pecados, AXA Seguros Óscar García Teixeira e Jim Sports. Colaboran: Xestión Gratelu, Sondeos Occidente, Drop Shot, Softee, Serviocio, Gráficas Ribadeo, Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
