Foz, 13 de agosto de 2015.- A III Feira Multisectorial de Foz celebrarase do 20 ao 23 de agosto na explanada portuaria, segundo anunciaron o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira; o presidente de ACIA-CCA, José Carlos Paleo, e o responsable de Conoce Ferias, Ángel Rojo. O evento ten previsto reunir a máis de 200 marcas nunha superficie maior que noutras edicións, xa que este ano alcanza os 9.000 metros cadrados.
O rexedor explicou que “o próximo xoves ás 12 da mañá iniciarase a actividade na propia feira e teremos a inauguración oficial, na que terán presenza representantes do Concello, da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, é dicir as administracións que colaboramos. Para o pobo é un evento importantísimo de fomento do comercio nun momento moi importante, de moita presenza e actividade no municipio, como é a do mes de agosto”. E subliñou que “a idea é tratar de seguir ampliando o ámbito do verán, xunto coa Festa Normanda e outros eventos, fai que durante o mes de agosto haxa multitude actividades e a proba é esta vindeira fin de semana chea de eventos. A vindeira semana o 20, 21, 22 e 23 é a fin de semana da Feira Multisectorial, teremos tamén a Feira do Libro e a Feira do Marisco presentada hai uns días. Polo tanto, Foz está repleto as fins de semana durante o mes de agosto e durante o verán. Desexámoslle moita sortea os organizadores e agradecémoslle a ACIA e a Conoce Feria por seguir coa feira e seguir confiando en Foz, así como aos máis de 200 expositores que teñen pedido asistir”.
José Carlos Paleo, o presidente de ACIA-CAA agradeceu a colaboración do Concello e das Administracións, así como de Conoce Ferias “por apostar por Foz, porque o primeiro ano é complicado enfocar un evento deste tipo, pero pouco a pouco imos consolidándonos e este ano é o 3º e xa comeza a dar os resultados. Vanse incrementar de maneira importante os expositores locais, entendemos que aproximadamente o 10% dos socios de ACIA/CCA Foz van expoñer os seus produtos e axudar a difundir non só os seus propios comercios senón tamén o comercio local”. Tamén se amosou satisfeito pola colaboración entre a Deputación e o Concello para a elaboración dun informe sobre a semipeatonalización de dúas rúas focenses: “a semana pasado asinouse co alcalde o convenio para o proxecto das dúas rúas comerciais co obxectivo de axilizar o proceso de reforma e, pouco a pouco, vaise consolidando e enfocando esa idea para mellorar e potenciar as zonas comerciais. Todos entendemos que temos que rentabilizar ao máximo posible o verán e niso estamos”.
E pola súa banda, Ángel Rojo, responsable de Conoce Ferias, deu cont, dalgunha novidade deste ano na Feira Multisectorial de Foz e da Mariña: “ampliamos el número de metros cuadrados de exposición, también aumentamos el número de expositores, aparecen más de 200 marcas que van a venir a vernos, tenemos novedades a nivel de gastronómico, también en la zona infantil para que los más pequeños tengan su espacio, tenemos novedades en el salón del automóvil, ya que vienen nuevas marcas…”, resume. Unha das características da cita será a variedade de produtos en exposición: “la feria va consolidándose después de su 3ª edición, va siendo conocida en los circuitos de ferias a nivel nacional y tenemos expositores de distintos puntos de España. Habrá sofás, muebles, decoración, menaje… Es una feria multisectorial como las típicas ferias de Gijón, como la internacional, la de Foz es multisectorial pero con un montón de servicios”.
O evento foi presentado este xoves no Concello de Foz.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



