Santiago, 14 de agosto de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de iniciar as obras para a clausura dun vertedoiro de residuos da construción no concello lucense de Xove.
O departamento autonómico inviste preto de 280.000 euros neste proxecto de clausura deste vertedoiro, no marco do Programa de xestión de residuos da construción e demolición de Galicia 2013-2016. As obras comezaron a finais do mes de xullo, cun prazo de execución de tres meses e medio, polo que está previsto o seu remate a finais deste ano.
O Goberno galego, a través da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación e Ambiental, acomete esta actuación co fin de evitar a vertedura incontrolada de residuos ao tempo que se reducen os potenciais riscos para a saúde pública, a paisaxe e o ambiente. Ademais de mellorar a calidade ambiental e evitar un posible impacto sobre a saúde, o proxecto permitirá rexenerar a zona afectada de xeito que quede integrada de novo no ambiente.
Este vertedoiro, actualmente inactivo, foi construído no ano 2001 en terreos antes ocupados por unha canteira. Esta actuación foi acometida pola Xunta como medida complementaria do Plan xeral de adecuación, selado e clausura de vertedoiros de Galicia, co obxecto de dotar o Concello dunha instalación axeitada para a xestión e eliminación de residuos procedentes da actividade construtiva en condicións de seguridade ambiental e evitar a súa vertedura incontrolada cos conseguintes impactos paisaxísticos, ambientais e de saúde pública. Tras a execución da obra, o vertedoiro foi entregado ao Concello, que asumiu a súa xestión.
Os residuos depositados no vertedoiro son os denominados residuos de construción e demolición, coa consideración de residuos inertes, de entre os cales os procedentes de obras menores de reforma ou reparación están legalmente asimilados aos residuos domésticos ou urbanos e son de competencia municipal. A composición destes residuos é heteroxénea, incluíndo usualmente pedras, formigón, ladrillos, escaiola, grava.
A actuación de adecuación, selado e clausura ten por finalidade acadar a recuperación ambiental e paisaxística do espazo ocupado polo vertedoiro e da súa contorna, o que comprenderá as seguintes fases:
• Limpeza e roza
• Movemento de residuos
• Construción de muros de contención
• Selado
• Revexetación
• Actuacións complementarias (instalación de valado e portón, placa informativa, etc.)






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



