Burela, 18 de agosto de 2015.- O coordinador dos cursos formativos da Federación Galega de Fútbol na Mariña, Alfonso Mera, e o profesor dos ciclos en Burela Marcelino Luna acudiron a semana pasada a Santiago a unha reunión na que a Escola Galega de Adestradores planificou a tempada 2015-16, con importantes cambios aprobados pola UEFA Coaching Convention.
O director da escola, Manuel Mosquera, reuniuse cos delegados e coordinadores dos ciclos de toda Galicia para informar das novidades para o novo curso académico.A UEFA Coaching Convention, órgano responsable da formación de adestradores na zona UEFA, na súa reunión do 14 de decembro de 2014, aprobou as modificacións que se levarán a cabo a partir desta temporada, que se centran en asegurar a futura calidade do fútbol e fútbol sala, que en gran medida está en mans dos adestradores e que son os que desempeñan un papel vital no desenvolvemento dos xogadores e dos partidos.
A partir deste ano o plan de estudos dos cursos, empezando esta temporada polo Nivel 1 que pasa a chamarse Adestrador Básico de Fútbol. Este curso terá novas materias e polo tanto novos temarios que a Escola ten que desenvolver.
O novo programa lectivo inclué cambio de niveis; agoran pasan a ser Básico, Avanzado e Profesional, aínda que os que ya teñan iniciado o ciclo anterior (Nivel 1, 2 e 3) poderán finalizalo e conseguir a Licenza UEFA para poder adestrar fóra de España. Os que comecen agora xa iniciarán o novo ciclo no Curso Básico de Adestrador.
A matrícula para o Curso Básico de Adestrador de Fútbol xa está dispoñible desde o 1 de agosto en www.futgal.es, na sección de Adestradores-Escola-Inscrición Online. Os prazos sobre o curso de Fútbol Sala faranse públicos nos vindeiros días.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
