Barreiros, 26 de agosto de 2015.- O alcalde, Alfonso Fuente, anunciou este mércores pola mañá que o Concello distribuirá nos próximos días 10.000 octavillas nas praias e establecementos hostaleiros do municipio para concienciar aos visitantes da difícil situación que atravesa o sector lácteo en Galicia e da importancia de mercar leite certificado como galego a través da etiqueta galega 100%.
O rexedor explicou que “dado que o sector lácteo é moi importante dentro da economía do noso municipio, sendo un dos sectores máis produtivos, queremos apoiar a este sector que está atravesando por momentos difíciles. Imos facelo da forma que cremos que é a mellor para contribuír a que isto mellore, e é distribuíndo 10.000 octavillas nas que se pide que se consuman produtos lácteos galegos e que se busque a etiqueta galega 100%”. Fuente Parga dixo que “non puidemos telos antes, pero nesta semana imos intentar entregalos aos turistas que estean aquí en Barreiros, a través de bares, paseos, zonas de praia, para ir concienciando á xente de que cando marche fóra de Galicia busque sempre esa garantía, sempre produtos lácteos de leite galego, de leite de Barreiros. É unha forma de axudar a que o sector volva ter uns prezos axeitados”.
Sobre como xurdiu a idea o alcalde barreirense indicou que “vin iniciativas similares noutros concellos e cremos que é importante que todos os concellos nos sumemos a accións deste tipo. Barreiros recibe moitos turistas,que logo no día a día van facer a compra en Madrid, Valladolid, Ponferrada ou Asturias, en moitos sitios do noso país, para onde saen os produtos lácteos galegos. Queremos conciencialos, primeiro informándoos de que en Barreiros hai un sector lácteo importante e, en segundo lugar, de que cando vaian ao supermercado busquen esa etiqueta galega 100% porque eses produtos teñen garantida a procedencia do leite de Galicia, de leite de Barreiros, e que afecta aos gandeiros de aquí”.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



