O Grupo Provincial Socialista denuncia que Candia infrinxe a Lei e oculta a relación de actividades dos 25 Deputados, información coa que se garante que non hai conflito de intereses ou incompatibilidades. “Tras a denuncia que dende o PSOE presentamos ante o Valedor do Pobo, Candia publicou en www.deputacionlugo.gal e non no BOP a relación de bens dos Deputados. Falta a relación de actividades. ¿A quen culpará agora da publicación de información sesgada?, ¿como xustificará esta nova nova chapuza e irregularidade, pois incumpre a Lei de Transparencia, a Lei do alto cargo da Administración Xeral do Estado e ata o propio Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo?. Esiximos a Candia que solvente esta situación de xeito inmediato e publique a información completa e en todos os soportes. A lo mesmo, a dos 11 Deputados do PSOE, que nada temos que agochar. Non sei Candia e os seus compañeiros do PP”, salientou o Deputado do PSOE, Álvaro Santos Ramos.
Candia incumpre a lexislación
1º incumprimento.- A Lei 19/2013 de transparencia, acceso á información e bo goberno establece a obriga das administracións públicas a facer públicas nas súas sedes electrónicas, dunha maneira clara, estruturada e entendible, as declaracións de bens e ACTIVIDADES dos representantes locais. Candia non o fai e omite esta última información.
2º incumprimento.- Os artigos 28, 29, 30, 31 e 32 do Regulamento Orgánico da Deputación estable o obriga de publicar no Boletín Oficial da Provincial a relación de bens e actividades dos membros da Corporación Provincial. Tamén dita que esta información será custodiada pola Secretaria Xeral da Deputación. Candia non fixo nada disto, amosando un absoluto descoñecemento do Regulamento Orgánico.
3º incumprimento (CLAVE).- A Lei 3/2015, de 30 de marzo, reguladora do exercicio do alto cargo da Administración Xeral do Estado reforza e amplía a Lei de Transparencia e fai fincapé na OBRIGA DE FACER PÚBLICO A RELACIÓN DE ACTIVIDADES PARA GARANTIR QUE NON SE PRODUZAN CONFLITO DE INTERESES NIN INCOMPATIBILIDADES.
– Artículo 11 “Definición de conflictos de intereses”: Los altos cargos servirán con objetividad los intereses generales, debiendo evitar que sus intereses personales puedan influír indebidamente en el ejercicio de sus funciones y responsabilidades. Se entiende que un alto cargo está en conflito de interes cuando la decisión que vaya a adoptar pueda afectar a sus intereses personales, de naturaleza económica o profesional, por suponer un beneficio o un perjuicio a los mismos (…)
– Artículo 13 “Dedicación exclusiva del cargo”: Los altos cargos ejercerán sus funciones con dedicación exclusiva y no podrán compatibilizar su actividad con el desempeño, por sí, o mediante sustitución o apoderamiento, de cualquier otro puesto, cargo, representación, profesión, actividad, sean de carácter público o privado, por cuenta propio o ajena (…).
Chapuzas do PP
A documentación publicada en www.deputacionlugo.gal, ademais de ser tan só a relativa aos bens dos Deputados, xa non se atopa dun xeito sinxelo. Candia decidiu suprimir os dous accesos directos a esta información, que levaban por nome “Patrimonio dos Deputados”. Un estaba directamente xa na portada, no espazo “Transparencia”, e outro en “Entra na Deputación” e logo “Corporación Provincial”. Agora é preciso entrar en “ver Coñece a Deputación”, logo “Corporación de goberno”, seguidamente “Deputados Provinciais” e, finalmente, picando no nome de cada un dos Deputados. Ademais, a documentación, que non está actualizada, inclúe datos estritamente persoais como, por exemplo, números de contas bancarias, que non deberían expoñerse ao público deste xeito.


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



