Cervo, 7 de setembro de 2015. O programa Repasando en verán, organizado pola Delegación de Educación do Concello de Cervo, acaba de ser clausurado. Contou coa participación de 72 nenos e nenas, dos que 52 estiveron na Casa do Mar de San Cibrao e o resto noutras localidades do municipio, como Cervo, Castelo e Rúa.
A concelleira de Educación e Xuventude, Dolores García Caramés, explicou que “fixeron actividades como xogos educativos, participaron nun Pasalabra, realizaron fichas repasando as materias que deron durante o pasado curso, practicaron matemáticas xogando e descubrindo misterios. Nas parroquias tamén repasaron e xogaron en horario de tarde”.
Dolores García engadiu que “a actividade pretendía que os nenos e nenas, dunha forma distinta a como o fan durante o curso, repasasen o que aprenderan e ademais axilizaran destreza á hora de calcular, esquematizar ou pensar en solucións. Os nenos e nenas gozaron con esas actividades, que era do que se trataba”.