Lugo, 09 de setembro de 2015.- O padroado da Fundación TIC acordou este mércores reforzar o papel da entidade da Deputación de Lugo como “o mellor escaparate de todo o que a nosa provincia ten que ofrecer”. Neste senso, tomouse a decisión de incorporar ao equipo directivo a José María Blanco Vila, quen ocupará o posto de xerente. Margarita Soilán pasará a ocupar o seu posto no Centro de Produción de Programas.
O padroado destaca o perfil de José María Blanco Vila por ser un traballador “da casa” nos últimos 14 anos e un bo coñecedor do funcionamento e obxectivos que rexen o traballo da Fundación TIC. Os membros do padroado, presidido pola presidenta da Deputación, aclaran ademais que esta decisión non supón un desembolso adicional da entidade. “É un cambio construtivo que pretende mellorar o rendemento e organización da Fundación TIC no seu conxunto”, tal e como explica Elena Candia.
A presidenta da institución aproveitou a reunión do padroado para enxalzar o traballo de todos e cada un dos traballadores da Fundación TIC, “como os mellores embaixadores da nosa provincia cun traballo constante e incansable”.
Perfil do novo xerente
José María Blanco Vila (Lugo, 1975) é técnico de imaxe e iluminación e leva 14 anos prestando os seus servizos na Fundación TIC como técnico audiovisual. Desde o padroado valoran a súa entrega á Fundación, a súa capacidade de traballo e a súa iniciativa.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



