Lugo, 11 de setembro de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, explicou este venres que o Goberno provincial “desatascará” a Oferta de Emprego Público aprobada para os anos 2014 e 2015 e cuxa tramitación “levaba moito tempo paralizada pola desidia dos socialistas, sen coñecermos o motivo”. A maiores de darlle continuidade ás OEP´s, tamén se iniciarán outros procesos, respectando a taxa de reposición, para reforzar algúns servizos con necesidades especiais como é o de Recadación.
En concreto, no ano 2014 o contido da OEP inclúe unha praza de acceso libre de técnico de xestión, que se convocou pero non se lle deu continuidade. A maiores hai 18 prazas de promoción interna, tanto de persoal funcionario, como de persoal laboral e de persoal laboral en proceso de funcionarización, cuxos trámites para a súa cobertura non foron iniciados.
A denominación das prazas de promoción interna de 2014 para persoal funcionario, que o Goberno socialista paralizou, son a de tres administrativos da Administración Xeral, a de dous auxiliares da Administración Xeral, a dun letrado, a dun oficial de taller do libro, a dun técnico superior de FP Informática e a de cinco técnicos de xestión. Para persoal laboral hai unha vacante para maquinista da Granxa Gayoso Castro e, por último, para persoal laboral en proceso de funcionarización hai un auxiliar de enfermería, un auxiliar administrativo e un capataz. Para máis información, a Oferta de Emprego Público da Deputación para o ano 2014 recóllese no Boletín Oficial da Provincial do venres, 1 de agosto de 2014.
En canto á Oferta de Emprego Pública para 2015, que figura no BOP do 7 de marzo de 2015, as prazas de promoción interna que desbloqueará e dará trámite o Goberno da Deputación son para persoal funcionario, a de dous administrativos da Administración Xeral, a dun oficial/patrón portuario e a de dous auxiliares de Administración Xeral. No que respecta ao persoal laboral, hai aprobada e sen iniciar o proceso dunha vacante para oficial/patrón portuario e dúas prazas para oficial de oficios múltiples.
A presidenta da Deputación defendeu a importancia deste acordo xa que ademais de cubrir as necesidades laborais de servizos da administración provincial tamén se xera emprego.
Outros asuntos
A Xunta de Goberno deste venres tamén aprobou a validación de facturas por un importe de 104.000 euros, tras que o anterior Goberno incorrera en irregularidades administrativas e, polo tanto, non seguira os pasos oportunos na súa tramitación.
A presidenta da Deputación explicou que se tratan de servizos “tan básicos, como o de alumeado, da seguridade da administración ou de telefonía, ademais de alimentos para a Granxa Gayoso Castro”. Este trámite que aprobou hoxe o Goberno demostra a “falta de xestión e de responsabilidade dos socialistas na Deputación”.
A administración provincial tamén aprobou o plan de seguridade no traballo da obra do Vicedo para a rehabilitación de firme na estrada provincial LU-P-6405 de Vicedo, Progreso, por Vilasuso ao Alto de Moreiras e Ramal a Praia de Xilloi.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



