LUGO.- O presidente da Deputación José Ramón Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo no San Froilán invitado polos empresarios lucenses emigrados na Cidade Condal que organizan hai 14 anos estas festas. A vicepresidenta segunda, Lara Méndez,inaugurou a XIII edición da feira de Artesanfroilan, mostra que conta coa participación de 26 expositores.
NOTA DE PRENSA I de II
Artesáns de toda España amosan o seu interese pola feira de Artesanfroilán
– Lara Méndez inaugurou a XIII edición desta mostra coa participación de 26 expositores “da maior calidade”
– A mostra inclúe novidades no “stand” de Km0 con sorteos diarios de produtos autóctonos
A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, acompañada do alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Subdelegado do Goberno lucense, José Vazquez Portomeñe, inaugurarou este sábado a XIII edición da feira de Artesanfroilán, organizada polo Centro de Artesanía e Deseño, dependente da institución provincial. Méndez, salientou o “esforzo realizado dende o CENTRAD, xa que un ano máis, e coincidindo cos festexos do San Froilán, Lugo acolle unha mostra que pon en valor a riqueza patrimonial, que mantén e potencializa a artesanía galega e a luguesa en particular”. Méndez incidiu en que “ Artesanfroilán é ademais unha feira con recoñecemento estatal, xa que nesta edición, máis de 70 artesáns de todos os puntos do país, dende Castela e León e ata Andalucía, amosaron o seu interese”.
Neste senso, a Vicepresidenta Segunda do organismo provincial destacou “a complexidade de elixir os expositores “da maior calidade, entre as ducias de solicitudes recibidas para participar nesta mostra”. Da mesma maneira, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, agradeceu a Deputación e o INLUDES que
“co seu traballo, outro ano máis a capital lucense acolle o mellor da artesanía, un traballo con imaxinación que sae das mans destes artistas”.
Artesanfroilán acolle na súa XIII edición 26 “stands” que se ubican na praza Anxo Fernández Gómez dende hoxe e ata o 12 de outubro. Artesáns de galegos e asturianos poñen á venda pezas de encaixes, arranxos florais, cartón-pedra, oleiría, vidro, marroquinería, metalistería, pratería, bonequería, xoguetes, téxtil, talla de madeira, serigrafía e xoiería.
A Vicepresidenta quixo ademais desculpar ao Presidente da Deputación pola súa ausencia neste acto “debido a coincidencia co día forte do San Froilán en Barcelona”.
Novidades no “stand” de Km0 a Compostela
A comitiva oficial aproveitou a ocasión para percorrer os postos instalados na mostra e conversar cos participantes para coñecer de primeira man a súas impresións. Lara Méndez visitou o “stand” de Km0 a Compostela onde se ofrece información sobre as rutas de peregrinación á capital galega e que discorren pola provincia lucense. Esta é unha iniciativa que converte a Deputación na primeira institución provincial cunha programación estable e previa á cita do Xacobeo 2010. Este ano ademais, incorporouse ao “stand” unha novidade: o sorteo diario de varios lotes de produtos autónomos galegos dentro da campaña do organismo provincial Lugo Sabe.
Nas instalacións de Km0 a Compostela haberá unha urna onde os clientes de Artesanfroilán poderán introducir os seus datas para participar no sorteo. A maiores, os días 5, 10, 11 e 12, tamén se sorteará unha cesta cunha grande variedade de produtos galegos.
Horarios e datas
Artesanfroilán estará instalado na Praza de Anxo Fernández Gómez ata o 12 de outubro co seguinte horario:
– os días 3, 6, 7, 8 e 9 de outubro: de 11:00 horas a 14:00 horas e de 17:00 á 21:30.
– os días 4, 5, 10, e 11 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 horas á 22:00.
– o 12 de outubro: de 11:00 horas a 15:00 e de 17:00 a 21:00.
NOTA DE PRENSA e II
Gómez Besteiro promociona os produtos autóctonos de Lugo no San Froilán en Barcelona
– O Presidente da Deputación foi invitado polos empresarios lucenses emigrados na Cidade Condal que organizan hai 14 anos estas festas.
– Besteiro promocionou as rutas xacobeas que atravesan a provincia a través do programa “Km0 a Compostela” porque “es una oportunidad económica que no vamos a dejar escapar”.
-O Centro de Artesanía e Deseño do organismo provincial elaborou e donou para a comunidade galega de Nou Barris unha talla de San Froilán.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou a campaña de produtos autóctonos “Lugo Sabe” no stand de turismo que o organismo provincial trasladou a Barcelona con motivo da celebración do San Froilán. Gómez Besteiro acudiu invitado polos empresarios que organizaron para esta fin de semana a celebración do San Froilán no distrito barcelonés de Nou Barris. O titular do organismo provincial agradeceu “la promoción de los festejos lucenses en Cataluña, que gozan de un espacio privilegiado gracias al trabajo de los lugueses agrupados en este barrio como Asociación de Amigos del San Froilán”.
Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde de Barcelona, Jordi Hereu, e a rexidora do distrito de Nou Barris, Carmen Andrés, aproveitou a enorme afluencia de público para presentar as rutas xacobeas “que tienen 800 quilómetros a su paso por la provincia de Lugo, convirtiéndose en la gallega con mayor extensión y en puerta de entrada por excelencia del Camino en Galicia”. A Deputación de Lugo é a primeira administración galega que ten unha programación específica adicada ó Xacobeo 2010 -denominada “km0 a Compostela”-, “una oportunidad económica que no estamos dispuestos ni a dejar escapar ni a desperdiciar”, afirmou Gómez Besteiro, que recordou que terán que pasar 11 anos para o próximo Ano Santo.
En Nou Barris comeza a celebración do San Froilán o mesmo día que, de forma oficial, arranca en Lugo, polo que o mandatario provincial agradeceulle ó Alcalde barcelonés “su presencia en el acto, reforzando los vínculos de unión que siempre son productivos y rentables para todos”.
Os festexos teñen lugar desde hai 14 anos cando un grupo de empresarios lucenses quixeron traer o espíritu lucense ata Barcelona. Dende entón recupera o tradicional estilo popular con música galega, verbenas, sesión vermú ou a procesión do domingo –un dos principias acontecementos que este ano inclúe unha novidade: o paseo dunha nova talla do San Froilán elaborado e doado polo Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación.
Neste senso, Gómez Besteiro concluiu que “el organismo provincial al que represento agradece de forma muy especial el trabajo y la dedicación de los lucenses emigrados en la promoción de una ciudad y de una provincia que nadie olvida: la vuestra”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



