Burela, 11 de setembro de 2015.- Volve a Liga a Vista Alegre que abre o telón co duelo entre CD Burela FS Pescados Rubén e Aspil Vidal Ribera Navarra. A xornada inicial enfronta a galegos e navarros no feudo laranxa a partir das 18.30 horas. O estreo da competición tamén supón o debut oficial de Daniel Ibañes como técnico burelao. O novo técnico laranxa vaticina un encontro moi igualado “ante un equipo potente como é o Aspil Vidal que vén de realizar unha excelente tempada e reforzouse con xogadores de calidade. É un conxunto que non perdoa si fas concesións polo que debemos cometer pouco erros”. Daniel tamén quixo realizar unha chamamento á afección “co seu apoio seremos máis fortes, o seu alento axudaranos ha conseguir puntos e vitorias”.
Convocatorias
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu / 5. Iago Míguez / 7. Isi / 9. Iago Rodríguez / 11. Chano / 13. Alex / 18. Jorge Bellvert / 19. Aaron / 20. Chino / 23. Antoñito / 27. Renato / 30. Helder
Aspil Vidal Ribera Navarra FS: 15. Molina / 17. Zardoya / 2. David / 3. Hamza / 4.Roger / 6.Luisma / 8. Andresito / 9. Lucho / 10. Joselito / 12. Pedro / 14. M.García 20. David Pazos





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
