Xuances (Xove), 30 de setembro de 2015.- A Asociación de Festexos “Alto do Cruceiro” organiza por noveno ano consecutivo a Festa do Ramo, a cal vai ter lugar no Alto do Cruceiro o venres, 2 e o sábado 3 de outubro. Esta Festa foi recuperada por dita asociación despois de 16 anos sen celebrarse. O lugar onde se vai celebrar vai ser o Alto do Cruceiro, concretamente no Centro Social, nun espazo cultural inaugurado o paso ano e que está adicado a un dos promoteros desta festa, Onofre Louzao, falecido hai un par de anos.
Este espazo está ao lado da carretera Viveiro-Ribadeo, a uns 150 metros, polo que o acceso á mesma é moi fácil e sinxelo. Inda que desde a organización desexan con todas as nosas forzas ter uns bós dias climatolóxicos, pode pasar que non sexa así, e prevendo isto, a Festa vaise celebrar baixo unha carpa, polo que, de todas todas, estarase a cuberto de inclemencias climatolóxicas. E para unha maior comodidade dos visitantes, disporase de amplos aparcamentos no entorno do campo da festa.
En canto ao amplo programa de actividades, destacan a celebración, na súa NOVENA EDICIÓN, da FESTA DOS CALLOS o venres, 2 de outubro. Trátase, loxicamente, dunha festa gastronómica, dun produto tan noso como son os callos, e a proposta que lles facen aos asistentes consiste no seguinte: os participantes, pola módica cantidade de 5 €uros, van poder degustar dunha abundante ración de callos, pan e un viño. En total teñen preparadas máis de 1.000 racións, que esperan que se esgoten. Para conseguir estas racións, no mesmo lugar da festa haberá un posto onde os visitantes van poder adquirir tickets por valor de 5 €uros, os cales despois cambiarán polas conseguintes racións de callos. Co estómago ben cheo, rematará a Festa cun bó programa de baile a partires das 11 da noite, baile que estará amenizado pola orquestra “Charleston Big Band” e unha Discoteca Móbil.
En canto ao programa de actividades do sábado, 3 de outubro, consistirán en:
-13:00 horas: Misa Solemne e Procesión.
-14:00 horas: Sesión Vermú a cargo da “ORQUESTRA DELIRIO”.
-18:00 hora: Partido de solteiros contra casados, nun campo anexo ao da festa.
-22:30 horas (10:30 da noite): Verbena coa “ORQUESTA DELIRIO” e o “GRUPO FÉNIX”.
Por último, a Comisión quere dar as grazas a todas as persoas, institucións, empresas, etc. que desinteresadamente colaboran con estas Festas: Concello de Xove, comercios da zona, e un agradecemento especial para todos os veciños.






















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



