Barreiros, 15 de outubro de 2015.- O PSOE de Barreiros congratúlase de que o Pleno do Concello de Barreiros, aprobase co apoio de tódolos grupos municipais, unha moción presentada polo grupo socialista na que se mostra o rechazo mais absoluto á violencia de xénero e a solidaridade coas víctimas, cos seus familiares e amigos, ao tempo que insta ao Concello a participar, no marco das súas competencias, nas medidas que poidan levarse a cabo de carácter preventivo, paliativo, de información e sensibilización, situando o problema desta violencia entre las prioridades de actuación da Corporación.
O texto da moción consta de varios epígrafes, nos que se recolle o apoio a un Pacto contra a violencia de género, con compromisos perdurables- comenta a voceira socialista Carmen Veiga. Trátase – dí – non solo de condenar as escalofriantes cifras que supoñen os asasinatos de mulleres e os actos de violencia contra elas, senón de comprometerse coas labores de detección, prevención e respuesta á violencia de xénero, sostendo e incrementando tódolos servizos disponibles, recursos persoais, materiais e políticos de competencia municipal, para fomentar a igualdade, a prevención, a atención xurídica, social e psicolóxica das vítimas da violencia machista e os seus fillos e fillas.
Os concellos, como institución máis próxima, son imprescindibles para a prevención e a atención social das mulleres que sufren esta lacra, polo que nos satisface moito – di Carmen- o apoio unánime da corporación municipal a esta loita que se ten que extender a tódolos días do ano, de tódolos anos ata logar a súa erradicación.
















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



