Lugo, 13 de novembro de 2015.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo e voceiro do Grupo Municipal Popular, Jesús López Penabad, explica que o voto en contra do alcalde da localidade, Fernando Suárez Barcia, á iniciativa popular debatida onte en pleno sobre a defensa da cohesión de España, “deixa claro e pon de manifesto a ideoloxía nacionalista – independentista do rexedor, que sempre quixo disimular e suavizar”.
O voceiro do Grupo Municipal Popular lamenta a posición do rexedor nacionalista ante unha moción que tiña por obxecto acadar un acordo do pleno da corporación local no que se “puxese en valor o réxime democrático e constitucional” e máis “dada a ameaza que se está a vivir, cando un grupo separatista en Cataluña está disposto a non respectar que somos un Estado de Dereito, e guíase por incumprir dun xeito deliberado as leis”.
López Penabad di que dende o PP “estamos convencidos de que esta postura do alcalde non se corresponde co sentir maioritario dos veciños de Ribadeo, que en nada son partidarios destas teses tan radicais sobre o nacionalismo e a independencia”.
O presidente dos populares locais tamén censurou a actitude ditatorial do alcalde que “se negou a dar unha resposta á nosa pregunta sobre o importe total que está a supoñer para as arcas municipais e, polo tanto, para todos os veciños, as indemnización que está a asumir o Concello por despedimentos de traballadores municipais declarados improcedentes pola Xustiza”.
López Penabad explica que o seu grupo se mostra preocupado polo elevado nivel de gasto público que despilfarra ao perder xuízos contra traballadores municipais, tras vulnerar os seus dereitos laborais, aos que cesa do seu posto sen amparo legal. “Escóndese e non dá explicacións”, conclúe.

















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



