Foz, 13 de novembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, reuniuse este xoves en Lugo coa deputada delegada de Economía e Facenda para tratar sobre a delegación da recadación municipal ao organismo provincial. O rexedor anunciou que a Deputación ten previsto rebaixar o custe deste servizo que presta a moitos concellos da provincia.
“Hoxe ás 9 e media da mañá tivemos unha reunión coa delegada de Facenda da Deputación e o xefe de servizo de Recadación para falar novamente sobre a delegación do servizo de Recadación do Concello de Foz á Deputación, igual que teñen feito a gran maioría de concellos da provincia. Na propia xuntanza a delegada constatounos que son moitos os que o están a pedir, un dos últimos que o acaba de facer é un concello similar a Foz como é Chantada. A disposición é moi boa por parte do servizo de Recadación da Deputación e os datos que se manexan a día de hoxe dos cobros polo servizo aos concellos son os que xa nos presentaran no seu momento, pero hai vontade por parte de todos os partidos políticos con representación na Deputación de rebaixar ese custe para os concellos en próximas datas. Isto implica que o Concello de Foz terao en conta, porque unha das circunstancias que pedía a oposición no último pleno no que este asunto quedou encima da mesa era que se fixera un estudio económico dos custes e niso estamos. Aportáronnos tamén uns datos do que é a recadación en vía executiva”, explicou Javier Castiñeira.
O alcalde anunciou que “o compromiso do Concello de Foz é levar este asunto seguramente ao próximo pleno da corporación municipal, se nos dá tempo a facer eses informes. E xa será a enésima vez que se trata en pleno este tema que quedou encima da mesa durante estes últimos catro anos. Pero volvemos a dicir que con isto melloraríamos moito o sistema de recadación, sería moito máis xusto con aqueles que pagan de forma voluntaria, para a tesourería municipal sería moito mellor porque farían liquidacións progresivas e, en definitiva, melloraríase moito a recadación. E todo este persoal que temos para este servizo municipal, que son tres, poderían facer labores moito máis interesantes e necesarias no Concello”.
Castiñeira rematou comentando que está “contento por esa boa vontade da Deputación e tamén porque entendemos que os custes se van rebaixar en pouco tempo, o cal é unha boa nova para os concellos. Polo tanto espero que a oposición estea a altura nestas circunstancias. Estamos a falar de temas económicos, vimos de ter un pleno con moitas tensións porque a oposición está intentando, como fixeron nos primeiros anos do mandato pasado, tratando de bombardear a economía municipal. Pero esperemos que esta actitude cambie, porque senón aí estará sempre o goberno local para denuncialo e para que os veciños saiban que se está actuando en contra dos intereses do Concello. Espero que cambien e que estean a altura, como pide a cidadanía do concello de Foz”.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



