San Cibrao, 23 de novembro de 2015.- Este fin de semana celebrouse nas Somozas (A Coruña) o Trofeo Federación-Xunta de Galicia de tiro con arco en Sala 2015,o sábado disputaban os rounds as categorías inferiores onde a Alevín feminina de IADOVI en arco recurvo Beatriz Bothelo Melo despedíase da categoría pola porta grande, conseguía bater novamente o seu record persoal (establecido no XIII trofeo Cidade de Narón, o 7/11/2015, con 497 puntos) neste evento conseguía os 507 puntos o que lle levaría todo o máis alto do pódium conseguindo proclamarse campioa da proba.
Na mesma modalidade de tiro, na categoría de infantil cabaleiro competía Anxo Galante Briones o cal terminaría quinto con 478 puntos.
Na categoría cadete, Gabriel Galante Briones tras superar os problemas físicos da anterior competición tamén se facía co primeiro posto da competición con 543 puntos, Lucas Rouco López, batía o seu record persoal de 405 puntos conseguidos do mesmo xeito que a súa compañeira Beatriz no Trofeo Cidade de Narón, situando a súa marca nos 462 puntos o que lle valía situarse no cuarto lugar da competición. Francisco Bothelo Melo lograba a sexta praza con 356 puntos. David Pernas Basanta ocupaba a sétima posición con 346 puntos e finalmente Ivan Cendán Lindin, ocupaba a decimoterceira con 211 puntos.
Á finalización do Torneo o Presidente da Federación Galega de Tiro con Arco D. Alfredo Louro, fixo entrega dos diplomas acreditativos da condición de campións Galegos 2015 de tiro con arco en aire libre e sala, entre os que se atopaban Gabriel e Angel Galante Briones.A Gabriel fóronlle entregados os diplomas de campeon galego Cadete en tiro con arco en sala e en aire libre 2015, mentres que o seu irmán Angel recibia o seu na categoria Alevín de tiro en aire libre.
O domingo 22 celebrábase a competición das categorías junior, senior e veteranos. Os representantes de IADOVI na categoría senior Ana María Briones Montes, finalizaba sétima con 458 puntos. Jose Manuel García Cordido ocupaba a praza décimo segunda con 486 puntos e Jorge Galante a decimo oitava con 444 puntos.
Por outra banda, finalizada a segunda xornada da liga de equipos, o IADOVI A formado por Angel Galante Briones, Gabriel Galante Briones, Francisco Bothelo Melo e Ana María Briones Montes, ocupa a segunda praza do Grupo Un, mentres que o IADOVI B formado por José Antonio Rico Pernas, Ivan Cendán Lindin, Lucas Rouco López e Davis Pernas Basanta ocupan a quinta praza do grupo dous. O próximo dia 12 de decembro celebrásese na localidade Coruñesa de Valdoviño o último encontro de onde sairá o equipo campión.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
