BURELA .- Queremos Galego trae a Burela a obra “A caída do Imperio” da que é autor o cervense Francisco Piñeiro. A representación corre a cargo do grupo de teatro O Batán de Cangas de Foz, será o xoves as dez da noite no auditorio da Casa da Cultura. Con esta iniciativa, Queremos Galego chama aos veciños de Burela a mobilizarse polo galego e a a acudir a mobilización a prol do galego que se celebrará o 18 de Outubro en Compostela, anunciando que saíran autobuses gratuítos da Estación de Autobuses de Burela ás 8:45 para todos aqueles que queiran acudir. Neste sentido lembrou que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación o 18 de Outubro debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.
Nota de Prensa
Queremos Galego chama aos veciños de Burela a mobilizarse polo galego
O Grupo de Teatro O Batan de Cangas actúa o
Xoves ás 22:00h. no Auditorio de Burela
O Auditorio de Burela acolle o Xoves 15 de Outubro ás 22:00 horas a representación da obra de teatro “A caída do Imperio” da autoría do dramaturgo cervense Francisco Piñeiro e que será representada polo grupo de teatro de Cangas de Foz, O Batán.
A obra de teatro que se enmarca na liña do teatro costumista que caracteriza a producción de Francisco Piñeiro é unha alegoría da sociedade na que vivimos e da perda dos valores que tradicionalmente caracterizaron a nosa sociedade, entre eles o idioma. O grupo de teatro O Batan, fundado recentemente e dirixo polo propio Piñeiro, está formado por 11 actores aficionados residentes en Cangas de Foz que xa ten actuado en diferentes Concellos da Comarca da Mariña.
A Portavoz da sección Burelesa de “Queremos Galego”, reivindicou unha vez máis “o inmenso poder da palabra” e fixo unha chamada á “saír da preguiza” a esa “inmensidade de xente” que, segundo dixo, “quere o galego” mais que “considerou que a normalidade da lingua era unha batalla xa superada”. “Agora”, dixo, “moitas comezan a decatarse de que volve facer falta moverse na súa defensa, labor onde cómpre a presenza de todas e todos”. Nese sentido, volveu facer unha chamada especial á mocidade, para que colla “o testemuño da defensa do galego”, e á “maioría galegofalante do electorado do PP, a que non comparte a liña que está a seguir o seu partido en materia de lingua”.
Os representantes de Queremos Galego afirmaron que “cómpre, máis que nunca, tomar a palabra” para defender o galego e denunciar o “lingüicidio” e o “etnocidio” que, ao seu xuízo, se está a cometer. Desde Queremos Galego referironse ao actual goberno da Xunta como o grupo dos “antilingua” e chamou a toda a sociedade galega a responder civicamente frente ás agresións contra o noso patrimonio e a nosa identidade “para que NUNCA MÁIS se volva producir nada semellante”, en alusión ao amplo movemento cidadán que se articulou no país contra o desastre económico e ambiental do Prestige
Xa por último a Portavoz de Burela de Queremos Galego chamou aos burelenses a acudir a mobilización a prol do galego que se celebrará o 18 de Outubro en Compostela, anunciando que saíran autobuses gratuítos da Estación de Autobuses de Burela ás 8:45 para todos aqueles que queiran acudir. Neste sentido lembrou que aquelas persoas que queiran acudir a manifestación o 18 de Outubro debe anotarse chamando ao Tlf:982-140-654 en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:30 a 20:30 de Luns a Venres.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



