Nota de Prensa
O PP pedía no 2008 a compra dos solares afectados polo castro da Atalaia
O BNG preguntará ao goberno local si mantén a mesma posición sobre o Castro da Atalaia que fai un ano
As continuas aparicións de elementos de importancia e as novas escavacións demostran a relevancia do conxunto arqueolóxico
Cervo, 15 de outubro de 2009. Dende que se iniciaron os traballos de escavación arqueolóxica no Castro da Atalaia, son constantes os informes que acreditan a relevancia do achádeo pre-romano do Castro da Atalaia, tanto pola numerosa documentación que así o proba, como polas informacións públicas que falan de elementos de gran importancia histórica atopados nese enclave ou a saída á superficie de novas construccións xa á vista, froito do traballo que nestes días está a facer unha equipa de arqueólogos en San Cibrao. A posición do BNG de Cervo sobre este asunto sempre foi moi clara no sentido de preservar e poñer en valor este xacemento como un recurso histórico e turístico de gran magnitude, unha posición que era compartida pola anterior Consellaría de Cultura que falaba de conservar os restos arqueolóxicos da Atalaia “in situ” para poñelos en valor.
A anterior Dirección Xeral de patrimonio defendía a conservación dos achados “in situ”
As novas escavacións arqueolóxicas que se están no Castro da Atalaia seguen permitindo o afloramento de construcións prerromanas nesta xacemento, a isto hai que engadir o coñecemento público de elementos de gran valor arqueolóxico como foi a aparición dun machado votivo dos que só se coñece a existencia doutro en Galiza. A anterior Dirección Xeral de Patrimonio defendía a conservación “in situ” do conxunto arqueolóxico da Atalaia e a súa posta en valor. O BNG defende estas mesma posición e ven mantendo “a necesidade dun acordo entre diferentes administracións e o propietario dos terreos para garantir a preservación deste espazo como recurso histórico e foco de atracción turística do que poden aproveitarse o conxunto dos veciños de Cervo”
Non se sabe cal e a posición do PP despois do cambio de goberno na Xunta
O goberno local pasou de estar investigado pola fiscalía por destrución do patrimonio polos feitos acaecidos entre o 4 e o 8 de xuño de 2007, ao incumprir un requirimento de paralización de obras emitida pola Consellaría de Cultura para evitar a destrución arqueolóxica dunha parte do xacemento, a pedir a compra por parte da mesma consellaría dos terreos afectados polo castro, o concelleiro e parlamentar, José Manuel Balseiro, asinaba esta iniciativa que foi presentada tanto no concello de Cervo como no Parlamento Galego. “Para o BNG e necesario que o PP, tanto no goberno municipal como no autonómico aclaren si defenden o mesmo na actualidade como fai un ano cando presentaban estas iniciativas”


















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



