NOTA DE PRENSA
Os populares esperan que foran convincentes as palabras de Pilar Farjas desmentindo as especulacións que sobre este asunto estaban a difundir nacionalistas e socialistas “con ánimo de xerar alarma social e confundir aos veciños da Mariña”
O PP DARÁ TRASLADO DA RESPOSTA DA CONSELLEIRA, GARANTINDO A CONTINUIDADE DA ÁREA SANITARIA DA MARIÑA Á XUNTA DE PERSOAL DO HOSPITAL DA COSTA E A PLATAFORMA SANITARIA
· Balseiro empraza á Xunta de Persoal do Hospital da Costa a transmitir esta información entre os membros da Plataforma Sanitaria para “que dispoñan da información oficial da Xunta, e dos compromisos adquiridos solemnemente en sede parlamentaria”
A Mariña lucense, 15 de outubro de 2009.- O Partido Popular dará traslado á recentemente constituída Plataforma Sanitaria e á Xunta de Persoal do Hospital da Costa dun CD co vídeo da intervención da conselleira de Sanidade na sesión plenaria do Parlamento de Galicia celebrada no día de onte na que Pilar Farjas confirmou, en resposta a unha iniciativa do deputado popular Jose Manuel Balseiro, que a Xunta non ten previsto modificar o mapa sanitario galego e que, polo tanto, o novo Goberno de Feijóo garante a continuidade da área sanitaria da Mariña, o reforzo do cadro de especialidades médicas que se prestan no Hospital da Costa, e a mellora da súa dotación tecnolóxica e do seu cadro de persoal.
CREDIBILIDADE
Jose Manuel Balseiro espera que as palabras da conselleira desmentindo as especulacións que sobre este asunto estaban a difundir nacionalistas e socialistas “con ánimo de xerar alarma social e confundir aos veciños da Mariña lucense” gocen de toda credibilidade “pois foron realizadas dun xeito oficial e solemene no Parlamento de Galicia”. Neste senso insiste que malia que persistan nesta estratexia de engano e confusión, PSOE e BNG son moi conscientes de que están a mentir cando realizan as súas afirmacións: Nin haberá traslados forzosos a Lugo, porque o Hospital da Burela seguirá a ser o hospital de referencia para a poboación da Mariña lucense. Nin os intereses da sanidade comarcal se xestionarán desde Ferrol, tal e como prevía o anterior Goberno bipartito.
INFORMACIÓN
Desde o Partido Popular esperan que veciños e colectivos da Mariña outorguen o valor debido ás palabras da conselleira de Sanidade e do propio Presidente da Xunta, quen tamén apostou pola mellora do sistema público de saúde na nosa comarca con ocasión da súa visita á festa da Faba de Lourenzá. Piden ademais á Xunta de Persoal do Hospital da Costa, como promotores da Plataforma Sanitaria, que dean traslado desta información ao resto dos colectivos integrantes aos que, en todo caso, ofrecen a posibilidade de acceder ao vídeo da comparecencia ou ben a través da web do Parlamento ou cursando unha petición a través do correo electrónico pp.marinhalucense@yahoo.es. Os populares tamén farán chegar á Comisión de Participación Cidadá, a través da xerencia do Hospital un CD co vídeo da sesión parlamentaria. En todo caso agradecen a esa inmensa maioría de asociacións e colectivos da comarca que, outorgaron unha marxe de confianza á Consellería de Sanidade e ao propio deputado popular cando, nas pasadas datas insistiu nos mesmos argumentos confirmados no día de onte pola titular do departamento autonómico de Saúde.
AGOCHAR A LISTA DE ESPERA ENCUBERTA
Finalmente insistiu en que detrás da estratexia seguida por nacionalista se socialistas respecto da sanidade comarcal está o intento de ocultar os máis de 1.500 veciños desta comarca que, segundo deron a coñecer desde a Consellería de Sanidade formaban parte da lista de espera encuberta no Hospital da Costa. Citas que os xestores do anterior Goberno bipartito no querían que se tramitasen para maquillar as estatísticas sobre tempos de espera e demoras na sanidade pública. “O BNG e o PSOE negaron a asistencia sanitaria a 1.500 mariñáns, cuxas citas tiñan agochadas nun caixón, e desto é do que deberían explicarse”

















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



