Nota de Prensa
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR no Concello de Cervo a través do seu portavoz JOSE MANUEL BALSEIRO OROL en base á lexislación vixente, presenta a seguinte
MOCIÓN RECLAMANDO A AMPLIACIÓN DO MUSEO PROVINCIAL DO MAR
Para a súa tramitación polo procedento de URXENCIA
Que se fundamenta na seguinte
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Museo Provincial do Mar de San Ciprián constituíuse oficialmente fai 40 anos –o 11 de outubro de 1969- malia que a súa xénese anterior é froito da colaboración de escolares e de familias da localidade, coa iniciativa do mestre local Francisco Moisés Rivera Casás.
A principal institución museística de titularidade provincial na Mariña lucense nace da colaboración e apoio dos veciños, moitos dos que cederon en depósito o como doazón toda clase de aparatos náuticos, pesqueiros, maquetas de embarcacións, pezas disecadas e fósiles, ás que se uniron as coleccións de conchas e olgas, nas que traballaron os escolares.
Na actualidade, ao igual que fai catro décadas, as escolas unitarias que deixaron de funcionar a finais do anos setenta, serven de sede ao museo. As limitacións de espazo derivadas da estrutura actual do edificio obrigan a que gran parte do contido deste museo, estea almacenado á espera de que poida levarse adiante unha ampliación.
Así foi o caso do buque do século XVIII atopado en Moras, ou dos restos arqueolóxicos da Atalaia, que poderían pertencer a un asentamento castrexo de ribeira. A estrutura actual limita dun xeito evidente o despregamento do seu amplo potencial museístico, e non só impide incrementar as pezas do museo en exposición permanente senón que tamén, por riba, nin tan sequera permiten que se expoñan nin se conserven as que con tanto traballo lles custou conseguir aos antigos xestores.
Nun primeiro momento o Museo do Mar de San Ciprián foi xestionado pola asociación de veciños “Cruz da Venta” e en 1994, pasou a integrarse na sección náutica do Museo Provincial e dez anos despois comezou a funcionar dun xeito autónomo, como entidade cultural dependente da Rede Museística Provincial.
Colectivos, promotores e a totalidade das forzas políticas coinciden na necesidade de acometer a ampliación do Museo do Mar. Coincidindo coa celebración do 40 aniversario desta institución museística, cómpre adquirir o compromiso de achegar o investimento necesario para facer realidade este ambicioso obxectivo.
Resulta evidente que a ampliación do Museo do Mar de San Ciprián, un proxecto do que se ven falando nos últimos anos pero que ata agora non se concretou, é imprescindible, e suporía poñer en valor o edificio de grande singularidade que actualmente o alberga así como todo o espazo circundante.
É polo que o Grupo Municipal Popular eleva ao Pleno do Concello a adopción dos seguintes acordos
PROPOSTA
PRIMEIRO.- Instar á Deputación provincial de Lugo a incorporar dentro das súas previsións orzamentarias para o ano 2010 unha partida en cantidade suficiente para acometer o proxecto de ampliación do Museo do Mar de San Ciprián.






















A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



