Ribadeo, 7 de decembro de 2015.- No ecuador do XIII Mercado do Nadal de Ribadeo, que se celebra na rúa San Francisco e no parque ata este martes pola noite, o alcalde, Fernando Suárez, fai un balance moi satisfactorio deste evento que reúne a 25 artesáns de dentro e fóra da Mariña. O rexedor deu conta tamén do importante número de visitantes que tivo o municipio nestes días de ponte, posto que mesmo na Oficina de Turismo da vila se rexistraron colas, que son máis frecuentes na época estival.
Suárez Barcia dixo: “estamos chegando ao ecuador desta nova edición do Mercado do Nadal de Ribadeo e temos que facer unha valoración positiva, dende logo, á vista da cantidade de xente que estes días veu a Ribadeo. Encheron o parque de San Francisco, as rúas e os espazos públicos onde está asentada este ano a 13ª edición do Mercado do Nadal, con 25 expositores, 25 artesáns da Mariña, de Ribadeo e tamén de fóra. Este ano, que é a primeira vez que hai tanta xente de Ribadeo en artesanía, a valoración de todos é moi positiva, tanto dos de Ribadeo como dos de fóra. Están moi contentos polo número de ventas, pero tamén o sector servizos en xeral”. O alcalde subliña que “o sector hoteleiro e hostaleiro están valorando que esta ponte está traendo moita xente a Ribadeo. De feito na Oficina de Turismo chamaba a atención esta fin de semana que había colas que rememoraban un pouco a época estival, se non fora porque estamos en decembro e hai máis frío”.
O rexedor indicou que “hai moita xente de fóra que escolle Ribadeo e vén a Ribadeo consumir, gastar, gozar, e está moi agradecida desta cantidade de eventos que hai e destes reclamos que dende o Concello de Ribadeo tamén creamos para que veña xente e merque. Polo tanto convidamos aos que non o fixeron a que se acheguen estes días de ponte que quedan e, aos que non o fagan, que se preparen para dentro duns días vir á pista de xeo natural que o Concello de Ribadeo, coa colaboración de Acisa, imos poñer por vez primeira. Agardamos que todo vaia ben e consiga atraer a moita máis xente”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



