Lugo, 8 de decembro de 2015.- O candidato do PP ao Congreso por Lugo, Joaquín García, Díez, explicou este martes que a oposición “está obsesionada con botar a Rajoy a calquera prezo a conta do noso voto”. García Díez advertiu nun mitin en Lourenzá do risco de que chegue a gobernar un amalgama de partidos “sen interese na unidade nin no progreso de España”.
Acompañado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o candidato do PP ao Congreso remarcou que os programas da oposición teñen “máis coincidencias ca diferenzas”. Así, citou os pactos nos despachos polos que todos eles avogan para evitar a toda costa que goberne a lista máis votada, cumprindo coa vontade dos cidadáns.
Joaquín García Díez puxo como exemplo das coincidencias da oposición a suba de impostos. “Todos eles pretenden incrementar a presión fiscal sobre as clases medias”. En concreto, Ciudadanos quere subir o IVA de produtos básicos como o pan ou o leite.
O popular deixou claro ante o seu auditorio que as do día 20 non son unha eleccións máis, senón que son as eleccións que marcarán o futuro de España e o seu progreso. “De querer que siga a recuperación, o voto só pode ser para o PP, o demais é incerto e inseguro e non podemos permitirnos os experimentos”, concluíu.




















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.



