Ribadeo, 11 de decembro de 2015.- A comisión pro residencia de maiores ven de manter un encontro co presidente e co vicepresidente da Deputación de Lugo aos que lles acaban de solicitar que a institución provincial asuma a partida que a Xunta de Galicia non aporta para o remate desta infraestrutura. O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “fomos moi ben comprendidos”. A Deputación estudará agora esta petición.
Este xoves celebrouse unha xuntanza da comisión en Ribadeo. O rexedor contou que “os membros da comisión pro residencia, que sempre estivo composta por todos os representantes dos grupos municipais e tamén polos das asociacións de veciños, na tarde noite xuntámonos para preguntarlle ao representante do Partido Popular si estaba de acordo coas actuacións que levamos feito ata agora e cos informes técnicos e xurídicos que se foron emitindo nestes últimos tempos e botaron absoluta claridade sobre todo o proceso, que se está facendo correctamente. Pero lamentablemente o representante do Partido Popular descolgouse. Os membros do BNG, do PSOE, de Ciudadanos, os representantes das asociacións de veciños e tamén do PP expuxeron cada un a súa opinión, pero lamentamos que finalmente o PP, rompendo a tradición, descolgouse desta comisión. Por iso despois o resto de membros acordamos por unanimidade seguir traballando para que a residencia sexa unha realidade, como está sendo”.
Nasa xuntanza, explica o alcalde “acordamos pedir unha audiencia co presidente e co vicepresidente da Deputación, reunión que vimos de ter esta mañá. Fomos recibidos por eles dous toda a comisión, recolleron con moito interese a nosa petición, que consiste en que en vista de que a Xunta nos está poñendo múltiples trabas, que saben son inxustas e que non poñen en Foz nin noutros sitios, lle pedimos á Deputación Provincial de Lugo que asuma o compromiso da Xunta de Galicia, que non cumpre. Expresámoslles polo tanto a nosa petición, que vai ser sometida a estudio; aportámoslles toda a documentación e saímos coa satisfacción de ver que fomos moi ben comprendidos sobre o problema que ten Ribadeo, que non debera ser problema”.
Suárez Barcia considera que “deberíamos estar todos xuntos, porque agora estamos todos os que somos pero non todos os que deberíamos estar, porque o PP tamén tería que estar. Pero lamentamos que o Partido Popular se descolgue de estes asuntos, porque todos os grupos podemos discrepar de moitas cousas e do enfoque do mundo, pero estamos todos de acordo en que a residencia ten que ser un exemplo para Ribadeo. Sempre foi así e por min, polo representante do PSOE, polo de Ciudadanos e polos das asociacións de veciños así vai seguir sendo”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



