Lugo, 29 de decembro de 2015.- O Pleno da Deputación aprobou por unanimidade que a Deputación asuma o 40 % dos custos dos GES, aforrándolle así aos concellos da provincia que teñen este servizo 350.000 euros, sendo a Xunta de Galicia quen asuma o 60% restante. Este acordo prodúcese logo de que o Goberno provincial presentase unha emenda á moción do Deputado non adscrito, que foi aceptada por ampliar as súas propostas. No acordo contémplase tamén solicitar á FEGAMP e a Xunta de Galicia que negocien unha addenda de modificación neste sentido do convenio que veñen de asinar ambas institucións coas 4 deputacións galegas.
O voceiro do goberno, Álvaro Santos Ramos, destacou que “a Deputación asumirá esta partida sempre e cando exista partida orzamentaria para as anualidades 2016, 2017 e 2018 e, deste xeito, manteremos os 80 postos de traballo directos dos Grupos de emerxencias supramunicipais”.
Na sesión tamén se sacou adiante, sen o apoio dos 12 Deputados do Partido Popular, a modificación do convenio de Recadación, co que o Goberno Provincial aforrará máis de 1 millón de euros ao ano aos Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes, permitíndolle deste xeito aumentar os investimentos nos Concellos. Con esta proposta do equipo de goberno, redúcense do 3 ao 1% a compensación á Deputación dos tributos recadados, e entrará en vigor a partires do 1 de xaneiro de 2016.
Pola contra, 13 Deputados opuxéronse á creación dun grupo de traballo para a elaboración de xeito consensuado dun anteproxecto ou texto novo do Regulamento Orgánico da Deputación, que sexa “máis garantista e ambicioso que o actual texto” destacou Santos Ramos.
Orzamentos Participativos
O Goberno provincial establece no Regulamento Orgánico que a Deputación teña Orzamento Participativo, e faino cos 12 votos en contra dos Deputados do Partido Popular, “o que demostra, unha vez máis, que o PP non quere que os veciños da provincia participen de xeito activo na toma de decisións desta institución” destacou a Deputada provincial, Pilar García Porto. Nesta liña, a Deputada explicou que “manteremos no orzamento de 2016 as prioridades que estableceron os 55.000 veciños que participaron nos orzamentos do ano pasado ao tempo que garantimos a participación directa dos cidadáns no presuposto provincial, fixando no Regulamento ese dereito”.
Outros acordos
O pleno da Deputación aprobou por unanimidade participar no financiamento as obras de humanización nas Avenidas da Mariña e Álvaro Cunqueiro do Concello de Foz. Tamén sacou adiante, desta vez co voto de calidade do Presidente, unha moción para instar á Xunta de Galicia a elaborar e desenvolver medidas reais para a creación de emprego para os mozos e mozas. Na sesión, aprobouse comezar cos tramites de as modificacións da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa de autorización de obras situadas ás zonas contiguas ás estradas provinciais así como a da autorización para o aproveitamento especial dos bens de dominio público.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



