30 de decembro de 2015.- O concello de Foz recibe este sábado, 2 de xaneiro, a Xira de Nadal 2015 dos Bolechas, patrocinada pola Televisión de Galicia e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. A Caravana dos Bolechas estará no CEIP de Foz durante todo o día, de 12.30 a 14.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas.
Debido ao éxito do pasado ano, a Caravana de Nadal volve a incluír unha Tenda dos Bolechas onde se poderán adquirir todos os produtos da marca, entre eles os novos libros dos personaxes que levan un peluche de agasallo e que están a ser o gran éxito deste Nadal. Pero tamén estarán os libriños de formato clásicos dos Bolechas, o libro-disco, o curso de inglés, os novos tomos da Biblioteca Básica etc.
Ademais, a Caravana inclúe o R4 e o espectacular autobús de dúas plantas, onde os pequenos seguidores desta familia poderán gozar de multitude de actividades totalmente gratuítas. No primeiro andar do autobús estará instalada a ludoteca con todo tipo de xogos para divertirse e aprender ao máis puro estilo “Bolechas”, así como material para manualidades, libros e ordenadores onde acceder a multitude de información e xogos. A segunda planta conta cunha sala de cine dotada con todo o necesario para ver Os Bolechas. Ademais realizaranse talleres de debuxo e diversas iniciativas relacionadas coas artes plásticas.
Por suposto, non faltarán Os Bolechas corpóreos, os enormes bonecos que causan sensación por onde van, que estarán presentes no CEIP de Foz a partir das 17.00 horas.
Sorteos entre todos os visitantes
Asemade, todos os que visiten a Caravana dos Bolechas e cubran a tarxeta que se facilita na mesma, entrarán no sorteo de dous regalos, que consistirán en dous cursos de inglés e dous lotes de libros dos Bolechas.
E entre todos os participantes na Xira de Nadal sortearase tamén un gran premio final consistente nun lote de cen libros dos Bolechas. Todos os sorteos realizaranse ao final da xira e serán publicados tanto na web da mesma, osbolechas.gal/xiradenadal como nas redes sociais dos Bolechas (Facebook e Twitter).
A Caravana de Nadal chega a Foz tras visitar Viveiro, Narón e As Pontes, e continuará o día 3 de xaneiro no pavillón de deportes de Verín e o día 4 no Campo da Barreira de Allariz.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



