Foz, 7 de xaneiro de 2016.- A Biblioteca Pública Municipal de Foz acaba de fallar o Certame de Poesía de Nadal 2015, no que participaron numerosos alumnos dos colexios do municipio. A entrega de premios será o vindeiro mércores, día 13 de xaneiro, ás 19 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura e nela tamén recibirán os seus galardóns os premiados no concurso de postais.
Os premiados do Certame de Poesía foron: na categoria A, Candela Rodríguez Gandoy, de 7 anos; Izan Delantero Gómez, tamén de 7 anos, e Sofía Manín Rodríguez, de 8 anos. Na categoría B, Carlota Fernández Del Riego, de 11 anos; Álvaro Fernández Prado e Anxo Muela Arias, ambos de 10 anos.
Os premiados no Certame de Postais de Nadal foron: na categoría Infantil A, Alice Freixo Forés, de 6 anos, e Yiyi Zheng, de 5. Na categoría Infantil B destacaron os traballos de Bruno Rodríguez Docobo e de María Alonso Abad, os dous de 9 anos. Con respecto á categoría Xuvenil os premiados son Iván García Méndez e Areadna Magdiel Taype Camasga, ambos de 11 anos. De entre os premiados a postal elixida para representar ao Concello de Foz na súa felicitación institucional foi a de Bruno Rodríguez Docobo e o colexio público Número 1 recibirá o premio especial ao centro educativo.






















Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



