Ribadeo, 9 de marzo de 2016.- Ata o 16 de marzo está aberto o prazo de inscrición no taller de técnicas de relaxación que organizan o Centro de Información ás Mulleres e a Concellaría de Igualdade. Haberá dous grupos, un pola mañá e outro pola tarde, e as prazas limítanse a 12 persoas en cada quenda. O obradoiro, que será todos os venres, dará comezo o 18 de marzo.
Desde o CIM apuntan que “a saúde para as mulleres é unha especie de resultante de factores persoais, sociais e familiares. É un concepto integral, engloba o relacional, a saúde familiar, o vincular, incorpora o psíquico e o social. É máis habitual polo ritmo de vida e as xornadas laborais que desempeñan as mulleres que podan sufrir estrés ao longo da súa vida. O estrés pode xerarse por múltiples factores, algún tipo de enfermidade (cancro, fibromialxia…), pola situación familiar (coidados a maiores dependentes ou as crianzas, situación de desemprego…)”.
Explican tamén desde o CIM que “o estrés é a resposta de todo o noso organismo ante calquera cambio externo e interno. Ese proceso de adaptación á nova situación é o que chamamos estrés. Vivimos nunha época en que todo cambia con enorme celeridade. É necesaria unha capacidade de adaptación superior á de outros tempos”.
Luisa Couceiro, a directora do Centro de Información ás Mulleres, indica que “en maior ou menor medida todas as persoas sofren os síntomas do estrés nalgún momento da súa vida, ou incluso, ao longo de gran parte dela. O estrés é un poderoso catalizador de todas as enfermidades. É posible previlo e erradicalo por medio de métodos sinxelos, naturais e eficaces, fáciles de comprender e de levar á práctica de forma autónoma, ocupándose un de si mesmo. As técnicas de relaxación permiten reducir a tensión muscular directamente diminuíndo así a resonancia corporal das emocións. A finalidade deste taller é aprender a relaxarse conscientemente algúns minutos cada día para poder permanecer relaxadas en calquera circunstancia”.
Os obxectivos do taller pasan por comprender os mecanismos fisiolóxicos do estrés; coñecer e practicar as técnicas antiestrés para harmonizar a personalidade nos seus tres aspectos: físico, emocional e mental; identificar a propia resposta aos procedementos antiestrés; e recoñecer os beneficios, e a necesidade da práctica cotiá de ditos procedementos”.
O taller consta dun total de 12 horas, repartido en quendas de 1 hora cada un, un día a semana. Levárase a cabo na Casa da Xuventude, na Sala Sonda Norte. Está dirixido a mulleres adultas, maiores de 18 anos. O número máximo de persoas que poderán participar en cada quenda será de 12. Esixirase un mínimo de 10 persoas anotadas no curso para poder facelo. Hai prazas limitadas polo que será preciso anotarse chamando ao Centro de Información ás Mulleres ao 982 120 739 ou ben escribindo un mail a cim@ribadeo.org ata o mércores 16 de marzo.
Ofertaranse dous talleres un en horario de mañá e outro en horario de tarde todos os venres desde o 18 de marzo. A quenda de mañá será en horario de 11.00 a 12.00 horas e a quenda de tarde desde as 18.00 ata as 19.00 horas.
O curso será impartido por Mª Jesús Garcillán Maroto, profesora de yoga, educadora de cura ayurdévica e técnica en prevención de estrés.






















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



