Burela, 15 de marzo de 2016. O Concello celebra o día da árbore cun xogo de pistas e con plantacións nos centros de ensino e asociacións participantes.
As monitoras do Centro Gaia organizan o xogo denominado ¿Que árbore é?, “trátase dun xogo de pistas relacionadas cunha árbore que os participantes terán que adiviñar. Son 4 pistas (unha cada día), as monitoras colocaron este luns a primeira e en días sucesivos as seguintes nuns paneis colocados á entrada de cada centro participante Ceip Vista Alegre, Ceip Virxe do Carme, Asociación A Mariña e Fundación Eu Son. Xunto co panel está colocada unha urna onde terán que introducir o seu voto coa resposta que crean acertada. Cada clase só pode emitir 1 voto, dado que estamos a falar dun xogo de equipo”.
Desde Gaia explican que “unha vez que rematen as pistas, as monitoras serán as encargadas de desvelar cales son a clase/s gañadora/s nos centros de ensino e o gañador/a no caso das asociacións”. E engaden que “a través desta actividade preténdese sensibilizar aos alumnos da importancia de respectar a natureza que nos rodea. Os bosques cobren un terzo da superficie terrestre do planeta e xogan un papel fundamental na vida de moitos dos seus habitantes. Dende un punto de vista biolóxico os bosques son os ecosistemas terrestres máis diversos, onde se albergan máis do 80% das especies animais e vexetais”.
Xa o vindeiro venres, 18 de marzo, terá lugar a plantación dunha especie arbórea nos centros participantes no xogo de pistas. As árbores son cedidas pola Concellería de Medio Ambiente. E será a edil Noelia Mª Ben, a encargada de entregar os diplomas aos participantes nesta actividade.























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



