A Deputación de Lugo convida a mozos, centros educativos, USC e tecido empresarial á primeira xornada de traballo do LUGOWORK, que terá lugar este mércores 19 de marzo, a partir das sete do serán, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos.
É a primeira reunión con representantes dos colectivos que integran ao tecido empresarial lugués; das empresas tractoras e gacela da provincia; así como da Universidade e dos Centros de Formación Profesional lucenses, ao abeiro do 1º plan de emprego xuvenil participativa da provincia. Tras esta primeira toma de contacto, haberá novos encontros e mesas sectoriais por todas as comarcas da provincia.
O obxectivo dos mesmos é facer, coxuntamente, unha diagnose das necesidades laborais na provincia para definir as accións formativas do LUGOWORK que contribúan á inserción laboral dun mínimo de 300 mozos lucenses desempregados.
LUGOWORK está dirixido rapaces lucenses de entre 18 a 30 anos que se atopen no paro. Conta con de 2 millóns de euros, que o organismo provincial foi capaz de captar da Unión Europea, concretamente do Fondo Social Europeo. Ofrecerá formación gratuíta sobre os nichos no mercado (os que se definirán nos encontros que arrancan este mércores) para a súa inserción laboral por conta allea, é dicir, en empresas da provincia, que recibirán axudas de ata 4.200 euros para os custes salariais e de seguridade social dos novos traballadores durante 6 meses; ou a través do autoemprego, fomentando o emprendemento; opción na que os mozos recibirán directamente ata 3.000 euros para poñer en marcha os seus propios negocios.






















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



