Foz, 23 de marzo de 2016. Dezasete bares e restaurantes participan do 24 ao 26 de marzo en Foz na décimo terceira edición da Ruta de Tapas, que organiza o Centro Comercial Aberto.
As saborosas propostas da hostalaría local poderán degustarse de 13 a 15 horas e de 20 a 23 horas. O prezo das tapas será de 1,50 euros. Tapas elaboradas con chipiróns, con bacallau, con vieiras ou con pato son algunhas das preparacións que se poderán degustar ao longo destes días.
Os 17 locais participantes e as súas tapas son: A Funcional (Montadiño de piña con ensalada de marisco); Bar 78 (Lume, lume, lume); Express (Delicias del Cantábrico); Happy Days (Delicias vulovan); Mayros (Marea roja); Anduriña (Roliños de filloa negra recheos de mousse de chipiróns en tinta con salsa de queixo de San Simón, puerro crocante e esferificaciones de queixo); Xoyma (Campo mariano); Casa Maño (Fábula de chocolate con churros); Fraggle Rock (O mar de Foz); Buda (Vieiras especial Buda); Namarinos (Tosta Namarinos); O Lar de Bustos (Lingote de pato e foie: solomillo de pato marinado con leite de coco e salsa teriyaki, cuberto por virutas de foie con reducción de trufa montado sobre piña caramelizada); O Muelle (Chistorra do pincho); Costumes do Mar (Empanadillas porteñas); Dandy (Montadiño de bacallau); Tangarte Mariñeiro (Vou de capote) e Tangarte Mesón (chipirón crocante).
Na páxina de facebook de Acia/CCA de Foz os que acudan á Ruta das Tapas poderán escoller a que consideren que teña a mellor presentación. Ese será o premio do público e un xurado especializado elixirá as tres mellores tapas.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



