Ribadeo, 23 de marzo de 2016. As Áreas de Deportes e Novas Tecnoloxías e Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo porán en marcha un programa conxunto para lanzar unha Axenda das tecnoloxías de primavera, que se desenvolverá ao longo dos meses de abril, maio e xuño. Trátase de microtalleres que teñen como obxecto fomentar a innovación capacitando ás persoas en novos coñecementos e habilidades no eido das tecnoloxías.
Serán píldoras formativas que versarán sobre temáticas concretas cunha metodoloxía eminentemente práctica, de escasa duración (4 horas principalmente) curtas e autónomas, facilitando así a participación das persoas interesadas.
Os microtalleres buscan fomentar as competencias dixitais en contidos útiles, prácticos e accesibles e están dirixidos especialmente ás empresas, persoas autónomas, comercios, emprendedor@s así como a persoas desempregadas en xeral.
As empresas, autónomos, persoas emprendedoras terán a oportunidade de achegarse a ferramentas que lles permitan establecer estratexias de márketing, posicionarse na rede, traballar en liña, aforrar custes, realizar un blog corporativo, etc… Todo elo sacando proveito das tecnoloxías sempre de forma sinxela.
Tamén se desenvolverá un paquete completo no que se achegarán as ferramentas necesarias para definir e deseñar un plan para a busca de emprego a través das tecnoloxías.
As píldoras terán unha duración media de 4 horas, serán gratuítas e as persoas que desexen asistir non teñen por qué ter coñecementos previos agás o manexo básico dun ordenador.
Os interesados en acudir a estes microtalleres poden inscribirse e solicitar máis información na Área de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, na web www.ribadeo.gal, a través do teléfono 982 128 650 e na seguinte dirección de correo electrónico: adl@ribadeo.org.
Os microtalleres celebraranse no CeMIT de Ribadeo.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



