Ribadeo, 23 de marzo de 2016.- O próximo sábado 26 de 11:30 á 13:30 a cooperativa de servizos educativos MAUmarela imparte un obradoiro de introdución á linguaxe do Cómic para nenos/a partir de 5 anos de idade. No taller aprenderemos a crear un/ha superheroe ou superheroína: xogarán coa anatomía e as proporcións, aprenderán a manexar o personaxe dentro dos cadriños, imaxinarán distintos superpoderes e os combinarán ate chegar a crear o personaxe que eles/elas desexen.
O obradoiro enmárcase dentro da liña de Talleres Low-Cost de MAUmarela.
Para apuntarse só hai que enviar un whatssap ou chamar ao número 620 735 462, ou enviar un mail amaumarela@gmail.com .























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.



