Ribadeo, 26 de abril de 2016.- A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 7 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Teatro ribadense.
O director da formación, David Ballester, anunciou este martes que nesta actuación “a temática vai ser toda sobre música e compositores galegos e interpretaremos diferentes tipos de pezas, como xotas, muiñeiras, alboradas, pasodobres, … Quero invitar a toda a xente que estea ese fin de semana en Ribadeo a que se achegue a gozar da música galega interpretada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que tocará dúas das obras dese concerto por primeira vez”.
Asemblea extraordinaria de Amadores da Música
Os socios de Amadores da Música están convocados a unha asemblea xeral extraordinaria que se celebrará este sábado, 30 de abril, ás 20 horas, en primeira convocatoria, e media hora despois, en segunda. Será no salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo.
Na orde do día figura como primeiro punto a presentación de candidaturas e elección de nova directiva. E como segundo asunto indícase que “no suposto de que non se presenten candidaturas ou non se conforme unha nova directiva, segundo o primeiro punto da orde do día, iniciaríase automaticamente o procedemento recollido nos estatutos da asociación para a disolución e liquidación da mesma”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



