A Mariña, 28 de abril de 2016.- O vindeiro luns, 2 de maio, está prevista unha charla informativa, a cargo da Axencia de Turismo de Galicia, para dar a coñecer o borrador do decreto regulador en materia de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico. Este decreto regula unha nova figura: as Vivendas de Uso Turístico, é dicir, aquelas vivendas que se aluguen por períodos curtos (inferior a 30 días).
Como consecuencia da irrupción das novas tecnoloxías no aluguer de vivendas vacacionais ou de temporada, agora denominadas Vivendas de Uso Turístico, as Cortes Xerais do Estado modificaron a Lei de Arrendamentos Urbanos, deixando aberta a regulación dunha competencia exclusiva das Comunidades Autónomas, o alugueiro turístico.
Cataluña, Madrid, Aragón, Canarias e Andalucía xa aprobaron a súa regulación e outras comunidades están preparando o seu regulamento. Galicia participou xunto co resto das CCAA na elaboración dunhas bases homoxéneas sobre as que ordenar a materia.
Esta regulación pretende ofrecer un marco e seguridade xurídica a este tipo de aluguer tanto aos particulares como a todo o sector turístico e unha vez que o texto do decreto foi sometido a información pública de cantas persoas quixeron alegar, así como remitido as entidades representativas do sector, tanto do alugueiro de apartamentos como do sector hoteleiro e tamén sometido ao Consello de Turismo de Galicia con representantes da administración autonómica, corporacións locais, universidade, sector turístico, consumidores e usuarios e sindicatos e recibidas e incorporadas as alegacións e suxestións, o texto finalmente entra na fase final para o seu debate e posterior aprobación.
É por este motivo que Turismo de Galicia está a desenvolver sesións informativas sobre o contido do mesmo con obxecto de dar a coñecer unha futura nova regulación na que a principal novidade é a necesidade de levar a cabo unha sinxela inscrición nun rexistro público.
Esta regulación afecta ás vivendas que se aluguen por períodos curtos (inferior a 30 días), mantendo a regulación mediante a Lei de Arrendamentos Urbanos, no resto dos casos. En todo caso a entrada en vigor está prevista para despois da tempada de verán de 2016.
A sesión celebrarse o vindeiro luns, 2 de maio, no Concello de Burela, ás 19.00 horas, á mesma están citados todos os representantes da Mancomunidade da Mariña Lucense e invítase a asistir a todos aqueles interesados/as e entidades representativas do sector para que poidan plantexar as cuestións e dúbidas que xurdan con respecto á aplicación deste decreto.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



